luns, 16 de outubro de 2023

DIA DO PAN CON AMÁSAME (Pontevedra)

 Hoxe, 16 de outubro, é o DÍA DO PAN e a nai e o pai de Roque de 5º de Infantil, Dani Pampin, da Panadaría AMÁSAME (Pontevedra) trouxeron o seu forno de leña "portátil" e realizou un Obradoiro de Pan con TOOOODOOOO O ALUMNADO DO CENTRO. Claro está que tivemos que ir por turnos porque non se podía todos á vez!



Xa a primeira hora, Roque pasou polas aulas cun bote que contiña MASA NAI importantísima para que saia o pan tal e como estes grandes artesans saben facelo.


Masa lista para preparar e facer moletes de pan que debemos darlle forma e, nun deles, meterémoslle chourizo e será un BOLIÑO PREÑADO.






A todos nos deu Roque, o pequeno gran panadeiro,  2 masiñas 
para facer o molete de pan normal e o preñado.








Despois de amasar (e tendo en dúbida se as mans tamén se trasformaran en moletes de pan,jeje), meteron o que fixemos no forno de leña. Tiveron que facelo eles porque é moi perigoso.


Mentres se facía o pan, amasamos no lugar onde se prepara a masa nai con fariña e auga para despois deixar reposar. Hai que amasar, amasar, amasar,...




...e moitos quedaron AMASADOS ELES MESMOS!!!jejeje






E, despois de lavar todas las mans, brazos (e máis non porque estaban co mandilón), marchamos buscar as nosas bolsiñas con nosos 2 panciños para levar a casa.





(Por certo, hoxe os mandilóns marchan lavarse a casa
 polo motivo de abaixo, na foto,jejejejej)




Para ver máis fotos, as tedes no ALBUM DE OUTUBRO DO 2023



E, cando chegamos a casa, tivemos unha sesión de contacontos de 
"MARÍA", Ed. OQO, que contou a profe nos encantou...



...pero máis nos gustou tamén ver a curtametraxe de 
"MARUXA" en versión galego, a nosa tenra lingua.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

PEIXIÑOS DE CORES

Como cada mércores, traballamos arredor do proxecto. Hoxe un peixiño "Glú, Glú" apareceu na aula. De que mar sería?  Certo é que n...