mércores, 18 de outubro de 2023

APRENDEMOS A DEBUXAR CON LAPIZ E COLOREAR COAS CERAS

 Aínda somos pequerrechiños pero temos moitas ansias por aprender. Queremos debuxar pero, ás veces, nos saen as cousas TURURÚ. Xa lles dixen que non pasa nada se sea "tururú" porque, pouquiño a pouco, os debuxos irán sendo mellores.

Pero, como temos pantalla dixital, entre todos deseñamos unha paisaxe que eu ía debuxando. Eles dicíanme e eu ensináballes como se debuxaba:

- Sol

- Nubes

- Unha casa

- Xardín con herba

- Nenos...


Comentamos que, para debuxar é mellor facelo co lapiz porque, se lle sae mal, pódese borrar e despois, cando xa rematen o debuxo, collemos as cores e DÁMOSLLE COR para que estean ben bonitos!!!

Agora mirade QUE ARTISTAS E QUE PAISAXES TAN BONITOS FIXERON ESTES COELLIÑOS tan creativos!!!!








Eiquí comeza a carreira creativa desdes peques!!!!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

PEIXIÑOS DE CORES

Como cada mércores, traballamos arredor do proxecto. Hoxe un peixiño "Glú, Glú" apareceu na aula. De que mar sería?  Certo é que n...