mércores, 28 de febreiro de 2024

AS 3 R CON "POLO CORREO DO VENTO"

Hoxe viñeron os rapaces de POLO CORREO DO VENTO para levar a cabo unha sesión de contacontos na Rufiteca do cole.



Estabamos todo o ciclo de infantil para disfrutar dun conto con música que son do ukele, na que nos amosaba a importancia do Medio ambente, da conversación e da regra das 3R (Reducir, reciclar e reutilizar).


Amosáronnos tamén a linguaxe de señas aprendendo a aplaudir, a dicir gracias,...



Carlos, o ilustrador, tamén nos ensinou a debuxar. Por iso todos debiamos ter un folio e unha pintura para seguir as súas instruccións e converternos en artistas.


Así que nos puxemos mans á obra!!






E fixemos uns debuxos impresionantes que, quen quixo, o levou para casa.

Como nos gusta estas sesións de contacontos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...