venres, 8 de marzo de 2024

OS DE 5º E 6º DE PRIMARIA AMOSÁRONNOS OS SEUS TRABALLOS

O venres, o alumnado de 5º EP leváronnos de viaxe polo mundo e contáronnos as súas viaxes.


Cada plasmou nun cartel as fotos da súa viaxe e información importante sobre ese lugar.


Coma nós non sabemos ler, fixeron unha exposición moi divertida e contaronnos cousas moi interesantes!

E, máis tarde, despois do recreo, o profesor de Ed. Física invitounos a ver unha mostra de baile que fixeron os maiores de 6º EP. 


Tiveron que preparar un baile por equipos e logo coordinarse para facer unha representación xenial...e nós fomos espectadores que estabamos abraiados véndoos!!





Posteriormente, algún quixemos improvisar un baile para eles...


...pero a vergonza apoderouse denós!!! jejeje


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...