luns, 26 de febreiro de 2024

APRENDEMOS A DEBUXAR CASAS

 Xa estamos crecendo e cada vez aprendemos máis. Esta vez, nos desdobles, aprendimos a facer casas pero dun xeito máis divertido. 

Xuntabámonos nun recuncho e acordamos o que facer: por exemplo, "imos facer primeiro o chan", entón a mestra o debuxaba na súa pizarriña ...

...e, se lles gustaba como quedara, marchaban todos as súas follas para debuxar o mesmo e, cando remataban, voltaban ó recuncho onde acordabamos o seguinte que tiñamos que facer e, a mestra, lles amosaba como se facía.


 Así fixemos co tellado, as paredes, a porta,...e mirade que marabillosas obras de arte!!!



Cando remataron todo e quedaron satisfeitos coas súas obras, temos que darlle cor e, como non lles deu tempo nestas sesións de desdoble a colorealo todo, rematamos na aula despois de merendar!!!



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...