venres, 23 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA

 Como cada 23 de febreiro, conmemórase o DÍA DE ROSALÍA  e hai anos, no noso cole, elaboración un pequeno vídeo explicativo:

Aínda que tamén podedes atopar un dos Bolechas que lles gusta máis e que fai mención os seus poemas:

Observamos que todas as fotos que atopabamos dela na rede son fotografías en branco e negro, e nós quixemos darlle un toque de cor máis actual...e non hai nada máis actual que a vestimenta de exipcia xa que nós acabamos de ter o entroido e fixemos os nosos disfraces. 

Así que, entre todos, coloreámoslle o seu vestidiño.







E MIRADE QUE PRECIOSA QUEDOU!!!

Marchamos á cortiza do corredor da entrada e a colocamos xunto a outra grande que estaba de exemplo e agardando a que os demáis cursos locoquen as súas...temos moitas gañas de ver as súas obras de arte!!!

Ela era artista e nós tamén, así que decidimos debuxar un retrato de Rosalía.


E marchamos para casa coas NOSAS PIRULETIÑAS DE... ROSALÍA para xogar con ela como marioneta este fin de semana e...



...e a CANCIÓN CON XESTOS DE MIGALLAS PARA CANTAR!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...