Chegou a primavera e a cortiza da nosa clase está sen decoración. Polo que temos que comezar a enchela de colorido.
Xa falamos de estamos nunha estación na que florecen as flores, nas árbores de folla caduca comezan a sairlle as follas, aparecen xoaniñas, abellas...e empezamos unha época moi bonitiña.
Así que imos a falar moitísimo de flores, coñecer as diferencias entre elas e a realizalas de moitas maneiras. Hoxe comezamos cunha sesión na que mesturamos flores, pinceis, acuarelas, auga e liberdade para disfrutar pintando flores e bolboretas deixándonos levar por música ambental primaveral.
- Precisamos orden e organizarnos
- Non debemos mesturar as cores no pincel.
- Cando cambiemos de cor, debemos lavar o pincel.
- Poremos moita atención para pintar con coidado co pincel e non sairse.
- É importantísimo pasalo ben.
- Hai que ter coidado coa auga para que non caia e estropee os nosos traballos.
- E sempre dicirlle ós compañeiros que o están facendo xenial e lles queda moi bonito.
A medida que remataban, as colocamos na cortiza para que remataran de secar.
Música "de café" (como lle chamamos) + acuarelas = disfrutar creando arte.
E eiquí un anaquiño do mini vídeo que fixemos mentres traballaban:
Chegou a primavera pero a nosa árbore da nosa entrada ó colexio non ten follas e está moi triste. Por iso, durante a sesión de valores, decidiron que tiñamos que facer algo: DEBIAMOS DECORALA.
Como en primavera saen as flores, as abellas, as xoaniñas,...decidimos facer unhas abellas voadoras que lle den alegría mentres agardamos a que lles medre as follas que xa empezan a amosar os brotes.
O outro día apareceron varias cousas movidas de sitio que nos iamos decatando pouco a pouco. O elfo traveso non podía ser porque non estabamos en Nadal...quen fora?
Mentres estabamos traballando, a mestra foi coller algo na mesa e viu que, debaixo da mesa, algo se metera no seu bolso. Estaba agochado pero non sabiamos que era.
Ata que o sacamos e era UN COELLIÑO SUAVE!!!
Viñera a nosa clase e agochárase por se lle rifabamos.
SERÁ O COELLIÑO DE PASCUA?
Era a nai de coello!!! Menuda alegría levou!
Pero pasaron os días e decatámonos que, a nai, non tiña nome.
Así que hoxe, venres, decidimos poñer fin a esto e facer propostas de nome. Polo que anotamos na pantalla dixital os nosos nomes e a profe ía escribindo o nome que cada un e cada unha quería poñerlle. Así que por turnos ía apuntando a mestra.
Despois de escribir todos os nomes, comezou a votación. Podiamos votar varias veces se nons gustaban os nomes. Foi unha votación moi xusta porque había varios empates...ata que chegou a proposta final que, por 1 punto, foi a gañadora.
A NAI DO COELLO CHAMARASE POMPÓN e quedará con nós na clase.
Chrgou a primavera e, con ela, moitos insectos. Así que a mestra de 5 anos compartiu con nós uns cantos oviños de gusanos de seda para que vexamos o ciclo da mariposa/polilla.
Comen follas de moreira. E, aínda que son pequeniños algúns gusanos, son uns devoradores.
Xa vedes que algúns seguen sendo ovos e outros xa naceron. Se saen todos...creo que, a medida que medren, non van poder caber na caixa e deberán ir a outras casas se os peques queren e traen unha caixa (pero xa avisaremos de ser o caso!)
Recibimos a proposta do Colexio Oficial de Xoiería do Concurso de Deseño de Xoais para o Día da Nai. Xa levaron os peqies a portada da tarxeta onde, por detrás, dispoñedes de toda a información.
Para calquer evento de cine, unha estrea cinematográfica, as actrices sobre todo levan unhas xoias estupendas diseñadas por artistas artesanais como pendentes, colgantes, pulseiras, ... Así que nada mellor que converternos en DESEÑADORES DAS NOSAS PROPIAS XOIAS.
O primeiro que fixemos foi navegar pola rede atopando ideas, imáxenes de diversas xoias e de analizalas. Despois, collimos as nosas tarxetas e, con rotulador negro, puxémonos a deseñar o que máis nos gusta facer:
Todo listo: deseños rematados e moi orgullosos dos nosos traballos.
E agora tocáballe dar un toque de cor. Moitos quixeron facelos con tonos dourados ou prateados pero faltábanlle un chisco de cor así que...TOCOU UTILIZAR CORES para que as nosas xoais luzan alegres!!
MIRADE QUE MARABILLAS!!!!
Os deseños xa foron entregados e agora tocar agardar. A VER SE HAI SORTE!!! E, se non, non pasa nada porque o pasamos xenial! Agardamos que vos gustara.