martes, 18 de marzo de 2025

DESEÑADORES DE XOIAS PARA CALQUER EVENTO CINEMATOGRÁFICO


Recibimos a proposta do Colexio Oficial de Xoiería do Concurso de Deseño de Xoais para o Día da Nai. Xa levaron os peqies a portada da tarxeta onde, por detrás, dispoñedes de toda a información.




Para calquer evento de cine, unha estrea cinematográfica, as actrices sobre todo levan unhas xoias estupendas diseñadas por artistas artesanais como pendentes, colgantes, pulseiras, ... Así que nada mellor que converternos en DESEÑADORES DAS NOSAS PROPIAS XOIAS.

O primeiro que fixemos foi navegar pola rede atopando ideas, imáxenes de diversas xoias e de analizalas. Despois, collimos as nosas tarxetas e, con rotulador negro, puxémonos a deseñar o que máis nos gusta facer:









Todo listo: deseños rematados e moi orgullosos dos nosos traballos.

E agora tocáballe dar un toque de cor. Moitos quixeron facelos con tonos dourados ou prateados pero faltábanlle un chisco de cor así que...TOCOU UTILIZAR CORES para que as nosas xoais luzan alegres!! 

MIRADE QUE MARABILLAS!!!!










Os deseños xa foron entregados e agora tocar agardar. A VER SE HAI SORTE!!! E, se non, non pasa nada porque o pasamos xenial! Agardamos que vos gustara.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

PEIXIÑOS DE CORES

Como cada mércores, traballamos arredor do proxecto. Hoxe un peixiño "Glú, Glú" apareceu na aula. De que mar sería?  Certo é que n...