venres, 28 de marzo de 2025

UNHA NOVA MASCOTA NA CLASE

O outro día apareceron varias cousas movidas de sitio que nos iamos decatando pouco a pouco. O elfo traveso non podía ser porque non estabamos en Nadal...quen fora?

Mentres estabamos traballando, a mestra foi coller algo na mesa e viu que, debaixo da mesa, algo se metera no seu bolso. Estaba agochado pero non sabiamos que era.


Ata que o sacamos e era UN COELLIÑO SUAVE!!! 
Viñera a nosa clase e agochárase por se lle rifabamos.

SERÁ O COELLIÑO DE PASCUA?


Era a nai de coello!!! Menuda alegría levou!



Pero pasaron os días e decatámonos que, a nai, non tiña nome. 



Así que hoxe, venres, decidimos poñer fin a esto e facer propostas de nome. Polo que anotamos na pantalla dixital os nosos nomes e a profe ía escribindo o nome que cada un e cada unha quería poñerlle. Así que por turnos ía apuntando a mestra.


Despois de escribir todos os nomes, comezou a votación. Podiamos votar varias veces se nons gustaban os nomes. Foi unha votación moi xusta porque había varios empates...ata que chegou a proposta final que, por 1 punto, foi a gañadora.


A NAI DO COELLO CHAMARASE POMPÓN e quedará con nós na clase.












Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...