mércores, 13 de marzo de 2024

OS NOVOS MEMORY COAS NOSAS CARAS QUE TANTO PEDIRON

Xa fixéramos un xogo de MEMORY con TODOS os da clase. Como é un pouco extenso dado que sería buscar 16 parellas, elaborei outros dous MEMORY pero separados por grupos. En cada xogo hay 8 peques, polo que, entre os dous xogos, estarían os 16 alumnos da aula.

Para acceder, podedes pinchar nas imaxes de abaixo e vos dirixiría a páxina do xogo. 


Podedes xogar tanto no ordenador, la tablet ou no mobil.

 Déixovos sendos CÓDIGOS QR por se queredes escanealos nos dispositivos.




QR 1 .- Memory 1º grupo 








QR 2 .- Memory 2º grupo

Xa sabedes que tamén están inluídos os enlaces na sección de XOGOS do noso blog de aula.


martes, 12 de marzo de 2024

PROXECTO: CONVERTÉMONOS EN TUTANKAMON

Unha das personaxes que máis nos gusta e que recoñecemos é o Faraón Tutankamon. Aínda que non fixo moito na Historia, realmente foi moi coñecido e así podedes velo no vídeo seguinte que, aínda que é un pouco longo,...é moi interensante que o volvades a ver con eles.

Unha das cousas que máis lles chama a atención de este faraón é a "coroa" ou "complemento" que ten e por iso quixemos facer o noso complemento igual na clase de arte!!! 

E MIRADE QUE BEN QUEDARON!! A QUE SEMELLAMOS UNS FARAÓNS???


PRESÉNTOVOS OS NOVOS FARAÓNS DA NOSA AULA:


LUCASKAMON E ÓLIKAMON

    

HUGOKAMON E ADAYKAMON


MÍAKAMON E JULIKAMON


NEREKAMON E ERIKAMON


BREOKAMON E LUKAMON


LARAKAMON E ASIERKAMON


LUCASKAMON S. E VEGAKAMON


SIRAKAMON E ALEKAMON



venres, 8 de marzo de 2024

OBRADOIRO DE COCIÑA: PASTAS

 Día moi especial o de hoxe porque levamos cabo un OBRADOIRO DE COCIÑA para facer PASTAS!!!! E que tamén poderemos comer TODOS!!


Axudamos a utilizar os ingredientes que precisamos para as pastas:
 
FARIÑA
OVOS
AZÚCAR
MANTEQUILLA
UNHA PIZCA DE SAL


Así que mesturamos todo e conseguimos unha masa pegañenta e, para iso, é importante impregnar as nosas mans de fariña e a mesa para poder traballala ben. Despois, estiramos a masa co rodillo e cortamos as pastas cos cortapastas de diversas formas como vedes a continuación:








Cando todas estiveron preparadas, empezamos a metelas no forno pero é algo que soamente podía facer as mestras porque é moi perigoso e podemos quemarnos. Así que, durante o proceso, uns remataban de facer as súas pastas e, os demáis, estabamos nas mesas facendo unha actividade.

Cada remesa ía saíndo cunha pinta deliciosa e que desprendía un aroma que chamaba a atención a cada persoa que pasaba polo corredor porque dicían "mmm, que aroma máis rico"


Despois do recreo agardando que enfriaran,botámoslle azúcar glas por riba e...


...era o momento de probalas!!!




Así que 1,2,3...A DEGUSTALAS!!!!





Gustaron moito e, por iso, quixemos levar unhas poucas para que as probaran as nosas familias!!!





8M - DÍA DA MULLER

Todos somos un equipo. Todos estamos unidos e hoxe quixemos conmemorar o DÍA de todas as compañeiras que fan que os xogos, as risas, os agarimos e todas as cousas bonitas que pasamos xuntos cada día de clase. 

29 nenas no ciclo de infantil que son poderosas, brillantes e M de MARABILLOSAS!!!



OS DE 5º E 6º DE PRIMARIA AMOSÁRONNOS OS SEUS TRABALLOS

O venres, o alumnado de 5º EP leváronnos de viaxe polo mundo e contáronnos as súas viaxes.


Cada plasmou nun cartel as fotos da súa viaxe e información importante sobre ese lugar.


Coma nós non sabemos ler, fixeron unha exposición moi divertida e contaronnos cousas moi interesantes!

E, máis tarde, despois do recreo, o profesor de Ed. Física invitounos a ver unha mostra de baile que fixeron os maiores de 6º EP. 


Tiveron que preparar un baile por equipos e logo coordinarse para facer unha representación xenial...e nós fomos espectadores que estabamos abraiados véndoos!!





Posteriormente, algún quixemos improvisar un baile para eles...


...pero a vergonza apoderouse denós!!! jejeje


INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...