venres, 8 de marzo de 2024

OBRADOIRO DE COCIÑA: PASTAS

 Día moi especial o de hoxe porque levamos cabo un OBRADOIRO DE COCIÑA para facer PASTAS!!!! E que tamén poderemos comer TODOS!!


Axudamos a utilizar os ingredientes que precisamos para as pastas:
 
FARIÑA
OVOS
AZÚCAR
MANTEQUILLA
UNHA PIZCA DE SAL


Así que mesturamos todo e conseguimos unha masa pegañenta e, para iso, é importante impregnar as nosas mans de fariña e a mesa para poder traballala ben. Despois, estiramos a masa co rodillo e cortamos as pastas cos cortapastas de diversas formas como vedes a continuación:








Cando todas estiveron preparadas, empezamos a metelas no forno pero é algo que soamente podía facer as mestras porque é moi perigoso e podemos quemarnos. Así que, durante o proceso, uns remataban de facer as súas pastas e, os demáis, estabamos nas mesas facendo unha actividade.

Cada remesa ía saíndo cunha pinta deliciosa e que desprendía un aroma que chamaba a atención a cada persoa que pasaba polo corredor porque dicían "mmm, que aroma máis rico"


Despois do recreo agardando que enfriaran,botámoslle azúcar glas por riba e...


...era o momento de probalas!!!




Así que 1,2,3...A DEGUSTALAS!!!!





Gustaron moito e, por iso, quixemos levar unhas poucas para que as probaran as nosas familias!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...