mércores, 13 de decembro de 2023

VEU PAPÁ NOEL Ó COLE!!!

Ó chegar ó colexio estaba todo preparado para a chegada de Papá Noel!!!

 HOXE É O DÍA MÁIS ESPECIAL DO ANO!!!!


Abraiados, nerviosos pero nada de nervos!!!



Aproveitamos para sacarnos unha foto con el, menudo luxo poder telo, tocalo e abrazalo!!!!

Ademáis, trouxo caramelos para todos de agasallo...menuda sorpresa!!! que ricos e canta ilusión xunta!!

Os deixamos un pequeno vídeo do vivenciado hoxe!! Ademáis fomos os PRIMEIROS DE TODO O COLE!!!!


Tamén elaboramos o mantel para deixarlle a Papá Noel debaixo da árbore con galletas e vasiño de leite…e cenorias para el renos. Así poderá repoñer forzas!!!







martes, 12 de decembro de 2023

XORNAIS POLO CHAN (trasnada do elfo)

 

Ó chegar a clase atopamos o Elfo que fixo unha das súas travesuras. 


Tirou todos os xornais que había na Sala de Mestres ó chan!!!!


E el estaba tan "pachá", tan cómodo e cun sorriso enorme como se el non fixera nada!


Que facemos? O tiramos todo ó cubo do lixo? É unha pena tiralo e non aproveitar as follas. Así que...que tal se utilizamos as tesoiras e practicamos cortar?


O encargado repartiu a cada un as tesoiras.


Despois foron collendo follas para recortar na mesa.










Pasáronno xenial desfacendo os xornais, queredes velo? Pinchade na imaxe de abaixo.


Pero todo fin chega...




E todo o que deasfixemos hai que recollelo!!




Pois non vos podedes imaxinar o rápido que recollen estes nenos!!! Para iso precisamos o cubo de reciclaxe de papel grande por  que o nos da aula...non chega!

Pinchade na imaxe de abaxo e veredes que raudos e veloces! 














luns, 11 de decembro de 2023

DESEÑAMOS OS NOSOS COLGANTES PARA A ÁRBORE DE NADAL

 Chegou o momento do Nadal e, os de infantil, somos os encargados de decorar a árbore de Nadal. Por iso, este ano, decidimos elaborar os nosos Papá Noel dun xeito diferente. 

Como é barbudo, nada mellor que reproducilo nunha brocha de pintor pero debemos customizarlo. Así que, témpera vermella e os nosos pinceis listos para comenzar a manualidade:









A medida que iamos rematando, puxémolos a secar na clase. Despois botámoslle un pouco de cola para fixar a pintura e a PURPURINA que se aporta ese BRILLI-BRILLI tan do Nadal!!


E cando rematamos de colocarlle os complementos (nariz, o miraguano do gorro, os adornos de goma eva no "gorro", os ollos...), deixamos que secara unha vez máis e, despois, recollimos todo nas bandexa.



E xa está todo listo para decorar a árbore. Así que cada un recolleu o seu colgante de Papá Noel e marchamos ó corredor para colocarlo na árbore de Nadal do cole!













INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...