luns, 11 de decembro de 2023

DESEÑAMOS OS NOSOS COLGANTES PARA A ÁRBORE DE NADAL

 Chegou o momento do Nadal e, os de infantil, somos os encargados de decorar a árbore de Nadal. Por iso, este ano, decidimos elaborar os nosos Papá Noel dun xeito diferente. 

Como é barbudo, nada mellor que reproducilo nunha brocha de pintor pero debemos customizarlo. Así que, témpera vermella e os nosos pinceis listos para comenzar a manualidade:









A medida que iamos rematando, puxémolos a secar na clase. Despois botámoslle un pouco de cola para fixar a pintura e a PURPURINA que se aporta ese BRILLI-BRILLI tan do Nadal!!


E cando rematamos de colocarlle os complementos (nariz, o miraguano do gorro, os adornos de goma eva no "gorro", os ollos...), deixamos que secara unha vez máis e, despois, recollimos todo nas bandexa.



E xa está todo listo para decorar a árbore. Así que cada un recolleu o seu colgante de Papá Noel e marchamos ó corredor para colocarlo na árbore de Nadal do cole!













Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...