martes, 12 de decembro de 2023

XORNAIS POLO CHAN (trasnada do elfo)

 

Ó chegar a clase atopamos o Elfo que fixo unha das súas travesuras. 


Tirou todos os xornais que había na Sala de Mestres ó chan!!!!


E el estaba tan "pachá", tan cómodo e cun sorriso enorme como se el non fixera nada!


Que facemos? O tiramos todo ó cubo do lixo? É unha pena tiralo e non aproveitar as follas. Así que...que tal se utilizamos as tesoiras e practicamos cortar?


O encargado repartiu a cada un as tesoiras.


Despois foron collendo follas para recortar na mesa.










Pasáronno xenial desfacendo os xornais, queredes velo? Pinchade na imaxe de abaixo.


Pero todo fin chega...




E todo o que deasfixemos hai que recollelo!!




Pois non vos podedes imaxinar o rápido que recollen estes nenos!!! Para iso precisamos o cubo de reciclaxe de papel grande por  que o nos da aula...non chega!

Pinchade na imaxe de abaxo e veredes que raudos e veloces! 














Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...