xoves, 19 de febreiro de 2026

O LORO RAVACHOL ENCHE TODO DE COR E RISAS

Contamos novamente a historia do Loro Ravachol e voltamos rir coas frases que dicía este loriño tan peculiar. 

Como estamos facendo sesións de ILUSTRACIÓN, aproveitamos para crear os noso debuxos.

 

Aínda que o verdadero loro era gris, nós preferimos encher de cor as súas plumas. 

MIRADE QUE PRECIOSIDADES!












Como estamos no entroido e as comparsas soen levar gorros espectaculares, fixemos os nosos con cartuliñas, plumas e MOITÍSIMA COR para compartir alegría!!!

E así de guapos lucimos !!!






sábado, 14 de febreiro de 2026

POESÍA "NAMORADOS" PARA A RADIO ESCOLAR

Preparamos a poesía de Rosalía de Castro titulada "NAMORADOS" para a radio escolar. 

Aproveitamos para grabar as voces en off e crear imaxes con iA xa que acordamos que "un campo de margaridas" era a mellor opción. E aquí o resultado do noso traballo:



xoves, 12 de febreiro de 2026

OBRADOIRO DE FILLOAS

 Chega o entroido e con el os postres. As filloas son as raíñas da repostería e, neste curso, engadimos o CHOCOLATE!!!

Así que estivemos falando dos ingredientes que iamos precisar e puxémonos, por turnos, a botar a fariña, o leite, ovos,...

 

Puxemos a quentar a tixola e untámola con unto para engrasala e que non se queden pegadas.


Mentres a profe as facía na cociña, traballamos nunha tarefa na que tiñamos que recoñecer o nome da cada un dos ingredentes que utilizamos, recortar e pegalos.


Cando estiveron feitas e templadiñas, engadímoslle nutella e...


...DEVORÁMOLAS!!! Non quedeou ningunha!!!












OBRADOIRO DE INTELIXENCIA EMOCIONAL: SESIÓN 1

Comezamos a traballar a SAÚDE EMOCIONAL cos peques e así a nosa mestra en prácticas pode realizar o seu proxecto, o seu traballo. Non so a recoñocer as nosas emocións, senón tamén as alleas, a concienciarnos dos sentimentos propios e alleos, recoñecer as dificultades e traballar a empatía.

Esta semana centrámos na VISIÓN.


SESIÓN 1

Simulamos non ver nadiña e utilizamos as nosas toalliñas para non caer na tentación de abrir os ollos. Tiñamos que tratar de meter pola boca das nosas botelliñas os rotuladores dos nosos lapiceiros. 



Podedes ver un pequeniño vídeo do que fixemos, PINCHANDO NESTE ENLACE.

Finalizamos cunha asamblea e posta en común na que comentamos as dificultades de non ver, que tivemos que utilizar o tacto para poder coller as cousas e poder metelas na botellas.


SESIÓN 2

Había un circuíto de folios de cores pegados ó chan no medio "do mar con peixes". Polo camiño había lixo que tiraran ó mar pero, como non podía ver, debían seguir as instruccións da mestra:

- Se lle toca a cabeza: DEBEN CAMIÑAR RECTO.

- Se lle toca o hombreiro dereito ou esquerdo: DAR UN PASO CARA ESE LADO.

- Se lle toca a espalda, DAR UN PASO HACIA ATRÁS.









Foi dúas sesións nas que aprendimos moito e valoramos moito PODER VER e as dificultades que outros nenos e nenas teñen.




INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...