xoves, 12 de febreiro de 2026

OBRADOIRO DE FILLOAS

 Chega o entroido e con el os postres. As filloas son as raíñas da repostería e, neste curso, engadimos o CHOCOLATE!!!

Así que estivemos falando dos ingredientes que iamos precisar e puxémonos, por turnos, a botar a fariña, o leite, ovos,...

 

Puxemos a quentar a tixola e untámola con unto para engrasala e que non se queden pegadas.


Mentres a profe as facía na cociña, traballamos nunha tarefa na que tiñamos que recoñecer o nome da cada un dos ingredentes que utilizamos, recortar e pegalos.


Cando estiveron feitas e templadiñas, engadímoslle nutella e...


...DEVORÁMOLAS!!! Non quedeou ningunha!!!












Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...