Comezamos a traballar a SAÚDE EMOCIONAL cos peques e así a nosa mestra en prácticas pode realizar o seu proxecto, o seu traballo. Non so a recoñocer as nosas emocións, senón tamén as alleas, a concienciarnos dos sentimentos propios e alleos, recoñecer as dificultades e traballar a empatía.
Esta semana centrámos na VISIÓN.
SESIÓN 1
Simulamos non ver nadiña e utilizamos as nosas toalliñas para non caer na tentación de abrir os ollos. Tiñamos que tratar de meter pola boca das nosas botelliñas os rotuladores dos nosos lapiceiros.
SESIÓN 2
Había un circuíto de folios de cores pegados ó chan no medio "do mar con peixes". Polo camiño había lixo que tiraran ó mar pero, como non podía ver, debían seguir as instruccións da mestra:
- Se lle toca a cabeza: DEBEN CAMIÑAR RECTO.
- Se lle toca o hombreiro dereito ou esquerdo: DAR UN PASO CARA ESE LADO.
- Se lle toca a espalda, DAR UN PASO HACIA ATRÁS.





Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.