venres, 12 de decembro de 2025

TARXETAS NAVIDEÑAS NUNHA SESIÓN DE FOTOS

 Chega o Nadal e puxemos as mellores galas para facer unha sesión fotográfica coa que felicitar as nosas familias.

Creamos unhas tarxetas individuais que agardamos que vos gusten e vos deixo o enlace por se queredes descargalas para imprimir pinchando NESTE ENLACE.




















mércores, 10 de decembro de 2025

VISITA DE PAPÁ NOEL

Hoxe recibimos a visita de Papá Noel!!!! Veu buscarnos a nosa aula !!! Saltamos, brincamos e abrazámolo con forza!!!

Despois marchamos xunto o seu trono cos elfos e axudantes, ensinámoslle a carta, botámola no buzón e DEUNOS CARAMELIÑOS!!!
 

FOI UNHA MAÑÁ XENIAL!!!!



venres, 5 de decembro de 2025

REFORZAMOS A LECTURA DAS SÍLABAS CON L

Aproveitando que faciamos desdobre e iamos xogar ós recunchos de fóra da aula coa profe Tanya, repasamos e reforzamos a lectoescritura coa L.



Temos etiquetas con nomes para recortar.

Lemos cada etiqueta e a pegamos no lugar correspondente. 
Para iso nos fixamos moito na primeira sílaba da palabra e así podemos facelo nós sos.



E, ó rematar, coloreamos os debuxos con rotuladores como queiramos.


E imos avanzando nas nosas aprendizaxes da lectura de nomes.



ADORNOS DE NADAL CON CUNCHAS DE VIEIRA

Como este ano estamos a traballar o proxecto de Mares e Océanos, non hai nada mellor que utilizar cousas que nos da o mar para reutilizalas e crear o noso adorno personalizado para as nosas árbores navideñas.

Así que collimos as todas as cunchas de vieira que trouxeron os peques e quixemos facer un adorno da nosa personaxe favorita e divertida do Nadal: RUDOLPH.


- Pintamos as cunchas de marrón

- Recortamos as astas de goma eva "de brilli, brilli"

- Recortamos follas de visgo.

- Preparamos pompóns de 2 tamaños.

- Pintamos os ollos con axuda dos nosos dediños

- Botamos cola para fixar todo.

- E colocámoslle unha cintiña para poder colocalo na árbore.


Cando todo estivo seco, colocámoslos na árbore do cole para tela decorada estes días para a chegada de Papá Noel.













E por fin xa temos a árbore de Nadal que decoramos todos os nenos e nenas do ciclo de Infantil.
MOI CHULO,...NON SI?



mércores, 3 de decembro de 2025

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE - 3 DECEMBRO

 O 3 de decembro celebramos no colexio o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, unha data para recordar que todas as persoas somos diferentes e que nesas diferenciass reside a nosa riqueza. Este ano quixemos reflexionar a través do conto O peixe de cores, unha historia que nos amosa como cada ser ten algo único que ofrecer.

No conto, o peixe protagonista destaca polo seu fermoso brillo, pero tamén aprende que o máis importante non é a aparencia, senón compartir, convivir e valorar o que nos fai especiais. Do mesmo xeito, na nosa comunidade escolar todos e todas temos capacidades distintas que merecen ser recoñecidas e respectadas.

Entre todos os do cole, elaboramos escamas de cores con palabras especiais escritas nelas.


A través de actividades, lecturas e debates na asamble, o alumnado traballou a importancia da empatía, da inclusión e da axuda mutua. Porque, igual que no mar do peixe de cores, cando nos respectamos e colaboramos, a convivencia faise máis harmoniosa e alegre.

Este 3 de decembro renovamos o noso compromiso cunha escola aberta, diversa e accesible, onde cada neno e nena poida brillar coas súas propias cores.



Con todas as escamas feitas polos nenos e nenas do cole, recreamos o peixe do conto na cortiza no corredor da planta baixa, frente a nosa aula.











INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...