O 3 de decembro celebramos no colexio o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, unha data para recordar que todas as persoas somos diferentes e que nesas diferenciass reside a nosa riqueza. Este ano quixemos reflexionar a través do conto O peixe de cores, unha historia que nos amosa como cada ser ten algo único que ofrecer.
No conto, o peixe protagonista destaca polo seu fermoso brillo, pero tamén aprende que o máis importante non é a aparencia, senón compartir, convivir e valorar o que nos fai especiais. Do mesmo xeito, na nosa comunidade escolar todos e todas temos capacidades distintas que merecen ser recoñecidas e respectadas.
Entre todos os do cole, elaboramos escamas de cores con palabras especiais escritas nelas.
A través de actividades, lecturas e debates na asamble, o alumnado traballou a importancia da empatía, da inclusión e da axuda mutua. Porque, igual que no mar do peixe de cores, cando nos respectamos e colaboramos, a convivencia faise máis harmoniosa e alegre.
Este 3 de decembro renovamos o noso compromiso cunha escola aberta, diversa e accesible, onde cada neno e nena poida brillar coas súas propias cores.


Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.