venres, 5 de decembro de 2025

ADORNOS DE NADAL CON CUNCHAS DE VIEIRA

Como este ano estamos a traballar o proxecto de Mares e Océanos, non hai nada mellor que utilizar cousas que nos da o mar para reutilizalas e crear o noso adorno personalizado para as nosas árbores navideñas.

Así que collimos as todas as cunchas de vieira que trouxeron os peques e quixemos facer un adorno da nosa personaxe favorita e divertida do Nadal: RUDOLPH.


- Pintamos as cunchas de marrón

- Recortamos as astas de goma eva "de brilli, brilli"

- Recortamos follas de visgo.

- Preparamos pompóns de 2 tamaños.

- Pintamos os ollos con axuda dos nosos dediños

- Botamos cola para fixar todo.

- E colocámoslle unha cintiña para poder colocalo na árbore.


Cando todo estivo seco, colocámoslos na árbore do cole para tela decorada estes días para a chegada de Papá Noel.










E por fin xa temos a árbore de Nadal que decoramos todos os nenos e nenas do ciclo de Infantil.
MOI CHULO,...NON SI?



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

REFORZAMOS A LECTURA DAS SÍLABAS CON L

Aproveitando que faciamos desdobre e iamos xogar ós recunchos de fóra da aula coa profe Tanya, repasamos e reforzamos a lectoescritura coa L...