Como este ano estamos a traballar o proxecto de Mares e Océanos, non hai nada mellor que utilizar cousas que nos da o mar para reutilizalas e crear o noso adorno personalizado para as nosas árbores navideñas.
Así que collimos as todas as cunchas de vieira que trouxeron os peques e quixemos facer un adorno da nosa personaxe favorita e divertida do Nadal: RUDOLPH.
- Pintamos as cunchas de marrón
- Recortamos as astas de goma eva "de brilli, brilli"
- Recortamos follas de visgo.
- Preparamos pompóns de 2 tamaños.
- Pintamos os ollos con axuda dos nosos dediños
- Botamos cola para fixar todo.
- E colocámoslle unha cintiña para poder colocalo na árbore.
Cando todo estivo seco, colocámoslos na árbore do cole para tela decorada estes días para a chegada de Papá Noel.
E por fin xa temos a árbore de Nadal que decoramos todos os nenos e nenas do ciclo de Infantil.
O 3 de decembro celebramos no colexio o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, unha data para recordar que todas as persoas somos diferentes e que nesas diferenciass reside a nosa riqueza. Este ano quixemos reflexionar a través do conto O peixe de cores, unha historia que nos amosa como cada ser ten algo único que ofrecer.
No conto, o peixe protagonista destaca polo seu fermoso brillo, pero tamén aprende que o máis importante non é a aparencia, senón compartir, convivir e valorar o que nos fai especiais. Do mesmo xeito, na nosa comunidade escolar todos e todas temos capacidades distintas que merecen ser recoñecidas e respectadas.
Entre todos os do cole, elaboramos escamas de cores con palabras especiais escritas nelas.
A través de actividades, lecturas e debates na asamble, o alumnado traballou a importancia da empatía, da inclusión e da axuda mutua. Porque, igual que no mar do peixe de cores, cando nos respectamos e colaboramos, a convivencia faise máis harmoniosa e alegre.
Este 3 de decembro renovamos o noso compromiso cunha escola aberta, diversa e accesible, onde cada neno e nena poida brillar coas súas propias cores.
Con todas as escamas feitas polos nenos e nenas do cole, recreamos o peixe do conto na cortiza no corredor da planta baixa, frente a nosa aula.