martes, 21 de outubro de 2025

O FONDO DO MAR

 Estivemos falando do fondo do mar, que habera? Pois por parellas ou de maneira individual, creamos o noso fondo do mar cheo de baleas, polbos, peixes, algas,pedras...



MIRADE QUE BONITOS!!!



martes, 14 de outubro de 2025

NOVAS MASCOTAS MARIÑAS NA AULA

 Chegamos a clase, os peques abriron a porta e atoparon unhas cartuliñas e un peluche!!! Quen fora?




Menuda ilusión!! Que emoción comezar así a mañá con sorpresas!!



E, antes de comezar a asamblea, tivemos unha pequena conversa que xurdíu mentres falabamos do que acababa de acontecer. Pinchade neste enlace para ver o vídeo.

Como estes polbos non teñen nome, procedemos a facer propostas e despois votar os nomes gañadores para a NAI POLBO E O BEBÉ. 

E, tras o tempo de propoñer e de vota,  eiquí o resultado das votacións.

A NAI CHÁMASE CORAL
E O FILLIÑO LUCA.


E que tal se aprendemos a debuxar polbos? 
Miramos varios videos educativos con imáxenes reais onde descubrimos que teñen 8 tentáculos, con ventosas, teñen 3 corazóns, cambian de cor... e despois indicaron as cousas que tiñamos que facer para debuxar un. E así o debuxou a profe na pizarra.


Así que puxémonos mans á obra, mirade neste enlace.

 Aínda quedan por rematar algúns pero...víchedes que xa copiamos en minúscula e non o facemos tan mal?











op





xoves, 2 de outubro de 2025

A GRAN CORRENTE MARIÑA CON NEMO E OS NOSOS PEIXES!

 Continuamos coa creación dos nosos peixiños de cores, enchéndoos de cor, de escamas e tamén dos olliños.








Despois de rematalos, puxémoslle tanza para colgalos pola clase.















E así, todos xuntos, en filiña, van nadando pola gran corrente mariña como na película de NEMO.


Por tal motivo, disfrutamos da proxección da película para fixarnos en moitas máis cousas que hai no fondo mariño como algas, correntes, rochas, peixes, polbos,...


E aproveitamos o millo que collimos onte na finca co que tamén se fan flocos de millo. 
Unha merenda ideal para esta sesión de cine.


E non hai mellor maneira para disfrutar do cine que tumbarnos no chan, cos nosos coxíns, relaxados cos nosos compis.










mércores, 1 de outubro de 2025

XORNADA RECOLLENDO MILLO

Coa chegada do outubro, marchamos á finca doutra veciña para recoller o millo. Alá fomos cargados de forzas para desfolar o millo, quitarlle as barbas, as follas e gardar no capacho as mazorcas.

Unha xornada moi divertida na que aprendimos moito e disfrutamos aínda máis.

Podedes ver máis fotos no album de outubro ou pinchando NESTE ENLACE.

INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...