Continuamos coa creación dos nosos peixiños de cores, enchéndoos de cor, de escamas e tamén dos olliños.
Despois de rematalos, puxémoslle tanza para colgalos pola clase.
E así, todos xuntos, en filiña, van nadando pola gran corrente mariña como na película de NEMO.
Por tal motivo, disfrutamos da proxección da película para fixarnos en moitas máis cousas que hai no fondo mariño como algas, correntes, rochas, peixes, polbos,...
E aproveitamos o millo que collimos onte na finca co que tamén se fan flocos de millo.
Unha merenda ideal para esta sesión de cine.
E non hai mellor maneira para disfrutar do cine que tumbarnos no chan, cos nosos coxíns, relaxados cos nosos compis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.