Chegamos a clase, os peques abriron a porta e atoparon unhas cartuliñas e un peluche!!! Quen fora?
Menuda ilusión!! Que emoción comezar así a mañá con sorpresas!!
E, antes de comezar a asamblea, tivemos unha pequena conversa que xurdíu mentres falabamos do que acababa de acontecer. Pinchade neste enlace para ver o vídeo.
Como estes polbos non teñen nome, procedemos a facer propostas e despois votar os nomes gañadores para a NAI POLBO E O BEBÉ.
E, tras o tempo de propoñer e de vota, eiquí o resultado das votacións.
A NAI CHÁMASE CORAL
E O FILLIÑO LUCA.
E que tal se aprendemos a debuxar polbos?
Miramos varios videos educativos con imáxenes reais onde descubrimos que teñen 8 tentáculos, con ventosas, teñen 3 corazóns, cambian de cor... e despois indicaron as cousas que tiñamos que facer para debuxar un. E así o debuxou a profe na pizarra.
Así que puxémonos mans á obra, mirade neste enlace.
Aínda quedan por rematar algúns pero...víchedes que xa copiamos en minúscula e non o facemos tan mal?
op
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.