luns, 10 de xuño de 2024

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO: KIRIKO

 O venres foi o mellor día!!! O día que estabamos agardando e disfrutamos da excursión de fin de curso na Granxa-Escola Kiriko. Nada máis chegar, sentámonos no cenador exterior.


Alí explicáronnos as cousas máis importantes que debiamos saber sobre os animais e o coidado do bosque.


Despois puxemos rumbo ó bosque, adentrándonos entre as árbores. Descubrimos moios obxetos divertidos.


Fixemos un alto no camiño, sentámonos nun claro porque nos contaron un conto.


Despois baixamos polo camiño cara outro bosque e, por alí, atopamos uns burros moi agarimosos.


E andando, andando...había un cabalo e unha iegua!!!!


O cabalo era tan bo que nos deixou tocalo e montar nel.



Camiñando, camiñando...descubrimos unha árbore enorme desde onde se podía ver un "dinosaurio durmindo!!!!


E tamén Breogán atopou o seu ADORADO TRACTOR!!! Canto lle gustan!!!


Entramos nun establo onde había unha vaca "moi mansa". Con ela puidemos aprender a ordeñala e, cada un, foi ordeñando (aínda que saía auga).


Seguimos por toda a granxa visitando ós animais (galiñas, galos, cabras, pavos, pavos reais...)






E chegou o momento de comer. TIÑAMOS MOITA HAMBRE!!!






Ó rematar, xogamos un pouco no parque.




Mentres os profes comían, aproveitamos para facer un obradoiro de plantación e, despois, lavamos as mans e marchamos facer galletas!!!!! RICAS RICAS!!!


Finalizamos a xornada tomando a merenda no cenador, bebendo e xogando un pouco.


Collimos o autobús e...RUMBO Ó COLE!!!


MÁIS FOTOS, NO ALBUM DE XUÑO!

xoves, 6 de xuño de 2024

O QUE NOS VA UN MICRO E CANTAR!!!

 O xoves a mestra de música, Nuria, deulles un micro…e miña nai canto lle gustou!!! Temos uns futuros cantantes á vista porque non os soltaban nin de broma!

Algúns tiñan vergoña e non querían pero os outros compensaban!! Jeje. Agardo que vos guste esta anécdota!



IMOS AVANZANDO NO DOMINIO LECTOESCRITOR

Hoxe repasamos a vogal "i" que tanto coñecemos. Xa sabemos facela de sobra, sen problema ningún pero, esta vez, complicámolo máis: tratamos de adiviñar palabras que comecen por esa letra.

Pensando, pensando...fomos descubrindo 3 pero, a profe non sabía escribila ben e tivemos que axudala mentres a escribía na pantalla dixital. Ela dicía a palabra pouco a pouco e nós adiviñábamos as letras que hai que por para escribir o nome e...CONSEGUÍMOLO!!!!!

Esta foi unha tarefa un pouco complicada porque as nosas cabezas estaban a tope!!! Pensando, concentrados, moi atentos ó que dicía a profe, discriminar sons...pero, formamos un bo equipo e fixémolo xenial. 

Despois, mostramos a nosa destreza na lectoescritura e copiamos as palabras escritas. Tiñamos que mirar a pantalla, observar a letra que tocaba, memorizala e plasmala no papel. Pensades que non o conseguimos??? Pois estades moi equivocados porque somos uns "cracks"!! jejeje













mércores, 5 de xuño de 2024

AS SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE SON SÚPER DIVERTIDAS!

Os peques disfrutan moito das sesións de psicomotricidade, onde hai moito movemento, hai que poñer en posta as nosas destrezas e a atención, como cando teñen que ir conseguindo méritos e, por cada un, gañan unha pinza que deben colocar na súa tarxeta...cantas conseguen??




Ou tamén debemos conseguir códigos de cores coas boliñas. Conseguiremos repetir os patróns?





Mais os aros de cores son moi divertidos. Xogamos a movernos como os diferentes animais ou como nos diga o profe e, despois...hai que meterse no aro de cor que din en alto!! ATENTOS TODOS!!!



Estas e máis fotos están no album de xuño da nosa GALERÍA pero, a modo de resumo...este pequeniño vídeo! agardo que os guste!




INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...