luns, 10 de xuño de 2024

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO: KIRIKO

 O venres foi o mellor día!!! O día que estabamos agardando e disfrutamos da excursión de fin de curso na Granxa-Escola Kiriko. Nada máis chegar, sentámonos no cenador exterior.


Alí explicáronnos as cousas máis importantes que debiamos saber sobre os animais e o coidado do bosque.


Despois puxemos rumbo ó bosque, adentrándonos entre as árbores. Descubrimos moios obxetos divertidos.


Fixemos un alto no camiño, sentámonos nun claro porque nos contaron un conto.


Despois baixamos polo camiño cara outro bosque e, por alí, atopamos uns burros moi agarimosos.


E andando, andando...había un cabalo e unha iegua!!!!


O cabalo era tan bo que nos deixou tocalo e montar nel.



Camiñando, camiñando...descubrimos unha árbore enorme desde onde se podía ver un "dinosaurio durmindo!!!!


E tamén Breogán atopou o seu ADORADO TRACTOR!!! Canto lle gustan!!!


Entramos nun establo onde había unha vaca "moi mansa". Con ela puidemos aprender a ordeñala e, cada un, foi ordeñando (aínda que saía auga).


Seguimos por toda a granxa visitando ós animais (galiñas, galos, cabras, pavos, pavos reais...)






E chegou o momento de comer. TIÑAMOS MOITA HAMBRE!!!






Ó rematar, xogamos un pouco no parque.




Mentres os profes comían, aproveitamos para facer un obradoiro de plantación e, despois, lavamos as mans e marchamos facer galletas!!!!! RICAS RICAS!!!


Finalizamos a xornada tomando a merenda no cenador, bebendo e xogando un pouco.


Collimos o autobús e...RUMBO Ó COLE!!!


MÁIS FOTOS, NO ALBUM DE XUÑO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

VISITAMOS ÓS ANCESTROS DO ANTIGO EXIPTO A FINAL DE CURSO

Finalizamos o curso Cunha “viaxe” no tempo onde coñecimos ós nosos antepasados, saberiades recoñecer o voso “familiar”?