xoves, 6 de xuño de 2024

IMOS AVANZANDO NO DOMINIO LECTOESCRITOR

Hoxe repasamos a vogal "i" que tanto coñecemos. Xa sabemos facela de sobra, sen problema ningún pero, esta vez, complicámolo máis: tratamos de adiviñar palabras que comecen por esa letra.

Pensando, pensando...fomos descubrindo 3 pero, a profe non sabía escribila ben e tivemos que axudala mentres a escribía na pantalla dixital. Ela dicía a palabra pouco a pouco e nós adiviñábamos as letras que hai que por para escribir o nome e...CONSEGUÍMOLO!!!!!

Esta foi unha tarefa un pouco complicada porque as nosas cabezas estaban a tope!!! Pensando, concentrados, moi atentos ó que dicía a profe, discriminar sons...pero, formamos un bo equipo e fixémolo xenial. 

Despois, mostramos a nosa destreza na lectoescritura e copiamos as palabras escritas. Tiñamos que mirar a pantalla, observar a letra que tocaba, memorizala e plasmala no papel. Pensades que non o conseguimos??? Pois estades moi equivocados porque somos uns "cracks"!! jejeje













Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...