Chegamos a clase e había unha caixa!!!
martes, 9 de abril de 2024
CHEGOU A PRIMAVERA E NOVO "ALUMNADO" NA AULA
xoves, 4 de abril de 2024
NOVOS ARMARIOS PERSONALIZADOS: PERCHEIROS, ZAPATEIROS E OCO PARA AS MOCHILAS.
Queda pendente outro colgador (un será para o abrigo, e outro para o mandilón) e outra balda para colocar as zapatillas, por iso, mandaremos as caixas de volta a casa porque xa non as precisamos e algunhas xa non caben, así que despois haberá un oco destinado para o calzado.
CONTACONTOS DE 4º EP: SAIRA, BLANCA E SABELA
Hoxe viñeron tres nenas de 4º de primaria, Saira, Blanca e Sabela, para contarnos un conto:
Cando viñemos do recreo, estábannos agardando sentadas na aula. MENUDA SORPRESA!
Sentámosnos como na asamblea para poder prestar atención a este súper conto. Estivemos moi atentos porque estas tres nenas son unhas grandes contacontos!!!
Son moi expresivas, xesticulan moito e nos fixeron rir mogollón.
Cando remataron o conto, pedíronnos unhas apertas e nos agasallaron con gusanitos para cada un!!
Despois convertíronse en monitoras, e nos agasallaron cuns marcapáxinas e unha bolboreta de papel para que decoráramos cos rotuladores.
FOI UNHA SESIÓN DE CONTACONTO XENIAL!!!
mércores, 3 de abril de 2024
MERENDAS SAUDABLES
martes, 2 de abril de 2024
RICIÑOS DE OURO E OS TRES OSIÑOS (nº 3)
Comezamos o 3º trimestre cun conto que coñecimos a finais do anterior e lles quedou gañas de máis: RICIÑO DE OURO!!
Falamos das cores, do vestiario así como contamos as cousas: 3 silliñas, 3 camiñas, 3 taciñas... Desa maneira achegámonos ó novo número que aprenderemos a facer: o 3.
Despois coloreamos xa como os maiores, por dentro e calcando moito para que queden brillantes as cores e copiamos o nome da nena que previamente traballamos na pantalla dixital.
INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO
Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...
-
Hoxe por fin saímos ver á Filarmónica de Galicia. MÚSICA! MÚSICA! Canto nos gusta a música! Estabamos emocionados por ir tamén en autobús. ...
-
Un dos contos por excelencia do Samaín é o de "Corre, corre, cabaciña" da Ed. Oqo. Despois de lerlles o conto e de dramatizalo coa...
-
Hoxe luns, comezamos o curso escolar e nos estamos no periodo de adaptación. Mestura de nervios e ilusión. Moitas gañas de comezar!!! Os peq...

