xoves, 4 de abril de 2024

CONTACONTOS DE 4º EP: SAIRA, BLANCA E SABELA

Hoxe viñeron tres nenas de 4º de primaria, Saira, Blanca e Sabela, para contarnos un conto: 

Cando viñemos do recreo, estábannos agardando sentadas na aula. MENUDA SORPRESA!

Sentámosnos como na asamblea para poder prestar atención a este súper conto. Estivemos moi atentos porque estas tres nenas son unhas grandes contacontos!!!

Son moi expresivas, xesticulan moito e nos fixeron rir mogollón.


Cando remataron o conto, pedíronnos unhas apertas e nos agasallaron con gusanitos para cada un!!

Despois convertíronse en monitoras, e nos agasallaron cuns marcapáxinas e unha bolboreta de papel para que decoráramos cos rotuladores.

FOI UNHA SESIÓN DE CONTACONTO XENIAL!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...