martes, 9 de abril de 2024

CHEGOU A PRIMAVERA E NOVO "ALUMNADO" NA AULA

Chegamos a clase e había unha caixa!!! 


Preguntamos e preguntamos pero ninguen de nós a trouxo, nin a profe Sofía, nin a coidadora Isi... que habería dentro?


Non era nada pesada, era lixeira e non soaba nada dentro, semella baleira.
 Todos, un por un, o corroboramos.


Cando a abrimos, descubrimos que había hojas, unos gusanitos y huevitos incubándose.




Vamos criar GUSANOS DE SEDA e soamente poden comer follas de morena e precisan  respirar tamén, por iso fixémoslle uns cortes na tapa da caixa para que lles entre aire pero que, a súa vez, non escapen.


Logo estivemos investigando por internet sobre estes gusanos e tamén visualizamos un contiño sobre "A ORUGA GLOTONA"


Despois estivemos falando da primavera, por iso saen moitos insectos ós xardíns e os campos. É unha estación moi bonita na que aparecen flores nos xardíns, moitas bolboretas, mariquitas, gusanos,... As orugas camiñan polo chan e as bolboretas van polo aire, polo que aproveitamos para traballar os conceptos enriba-debaixo na pantalla dixital e...lúdicamente coa música!!! Eiquí vos deixo un anaquiño do vídeo para que vexades "que mal o pasamos" aprendendo.




E agora chegou o turno de COLOREAR O NOSOS XARDÍN FLORIDO!!!






A maioría quixo facelo con rotuladores que molan máis! 
Pero ollo!! As cariñas das flores son amarelas porque ahí está o pole que é desa cor!!











Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...