xoves, 11 de abril de 2024

PLANTAMOS LEITUGAS

 Hoxe chegamos o cole, puxemos o mandilón e, o entrar a aula, atopamos que había moitas cousas.


Hai que dicir que "pasaron literalmente da mestra". Cada un e cada unha comezaron a toquetear todo tratando de ver o que era. Descubriron que había macetas de plástico coa súa foto e decidiron ir repartíndoas (e as mestras? meramente espectadoras,jaja)



Habçia un saco con compost, perdón, TERRA QUE MANCHA!!! jejeje


E tamén unhas plantillas pequerrechiñas nunhas caixiñas.

Como chegou a primavera, chegou a hora de sementar e plantar as nosas cousiñas. Con esta calor, é moi refrescante comer ou cear ensaladas, así que imos plantar leitugas para despois comer na casa.

 Polo que...MANS Á OBRA!!! Aínda que a profe utilizou unha máis grande e de metal, nós, como modo de reciclar e adaptándonos as nosas manciñas, utilizaron unha "ferramenta" especial de cor rosa que utilizamos como caciño para botar terra.









Agora puxemos as maceitñas nunhas bandexas enriba dunha mesa a carón das ventanas para que reciba os raios do sol, calor, aire e nós encargarémonos cada día de regalas para que medren moito e "PAPALAS" despois!!jeje (algúns xa deixaron claro que non lles gustaban).


Tamén fixemos unhas a maiores "por se acaso" algúnha non ía ben para diante. 


E, como estamos na semana de MERENDAS SAUDABLES, houbo pepitas de mazá, de pera e de mandarinas polo que...DECIDIMOS PLANTALAS!!! O que é certo é que se mesturaron as pepitas das mazás e das peras pero, non hai problema, puxémolas todas xuntas no vaso de cartón co nome de "MANZAPERAS! e...a ver que sae!! (e se vai adiante, claro).

Agora paciencia e a agardar a que medren!!! Xa vos contaremos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...