venres, 23 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA

 Como cada 23 de febreiro, conmemórase o DÍA DE ROSALÍA  e hai anos, no noso cole, elaboración un pequeno vídeo explicativo:

Aínda que tamén podedes atopar un dos Bolechas que lles gusta máis e que fai mención os seus poemas:

Observamos que todas as fotos que atopabamos dela na rede son fotografías en branco e negro, e nós quixemos darlle un toque de cor máis actual...e non hai nada máis actual que a vestimenta de exipcia xa que nós acabamos de ter o entroido e fixemos os nosos disfraces. 

Así que, entre todos, coloreámoslle o seu vestidiño.







E MIRADE QUE PRECIOSA QUEDOU!!!

Marchamos á cortiza do corredor da entrada e a colocamos xunto a outra grande que estaba de exemplo e agardando a que os demáis cursos locoquen as súas...temos moitas gañas de ver as súas obras de arte!!!

Ela era artista e nós tamén, así que decidimos debuxar un retrato de Rosalía.


E marchamos para casa coas NOSAS PIRULETIÑAS DE... ROSALÍA para xogar con ela como marioneta este fin de semana e...



...e a CANCIÓN CON XESTOS DE MIGALLAS PARA CANTAR!!!




REMATEI O PUZZLE...CAMBIO DE ESTACIÓN!!!

Gústanos moito facer puzzles. Son de 20 pezas pero xa hai moitos que os fan a unha velocidade incrible, por iso, hoxe fixemos estacións. 





A medida que remtaban o puzzle, volvían desfacelo, gardalo na caixa e cambiaban de sitio por un que estivera libre.





E así estivemos cambiando de estacións, facendo novos puzzles, superando retos e tocou merendar que xa eran horas.


....e xurde un gran cariño..


...que traspasa mesas,jejej.



sábado, 17 de febreiro de 2024

DÍAS DE ENTROIDO 2024

Chega a data na que disfrutamos disfrazándonos!!! Este ano celebrámolo ó grande, cunhas semanas cheas de vestiario, adornos e moita emoción.

Os días grandes son o XOVES 16, día no que puidemos vir disfrazados do que máis nos gustara e MIRADE QUE GUAPOS ESTABAMOS!!!

Somos un grupo marabilloso!!!


E o VENRES 17 foi o día no que celebrabamos o festival de Entroido. Iamos disfrazados de algo da temática que estamos a traballar: de Exipcios. Levamos a caba na aula un obradoiro de creación do disfrace: sacos, cartuliñas, gomets, velcro...e moita ilusión. Levounos varias sesións pero valeu a pena!




Porque mirade que guapiños estabamos todos!!!



Cando todo estaba listo e preparado, chegou o momento de saír desfilar. ERAMOS OS PRIMEIROS!!!! (e saímos un pouco xustiños porque habían 2 urxencias de baño...jjeje)


PINCHADE A IMAXE




E tamén fixemos un percorrido polo patio para poder ser ben vistos polas familias que viñeron.





E agardamos sentados para ver as actuacións dos nosos compañeiros de infantil porque, para nós, era a primeira vez e estabamos moir nerviosos.



Nós estabamos MOI nerviosos, aclaramos, porque había moita xente e era a pimeira vez que iamos actuar con público polo que disfrutamos moito e comprobamos que "as nosas profes sabían moi ben os pasos de baile e que o deron todo durante a actuación", aínda que nós bailamos o que quixemos, jejeje
PINCHADE NA IMAXE




Pero, despois de nós, seguiron bailando os demais cursos de primaria. 
Sabedes que temos na aula unha promesa do baile? Eso se lleva en la sangre!
CÁMARA OCULTA (pinchad encima de cada foto)


Cando todo rematou, puidemos disfrutar dunha gran merendola con orellas e filloas gracias a nosa marabillosa ANPA SAN PEDRO que fai que os nosos peques degusten productos típicos do Entroido e, sabedes que? que cada neno tiña o seu botellín de auga co seu nome escrito: DETALLAZO!


Y así seguimos la jornada con juego libre, degustación de repostería, música,baile y risas. 
Pero, por si quereis la música para que los peques os lo bailen en casa, aquí os dejo nuestro baile de LA MOMIA DANCE!!


Gracias por vir e a todos e por acompañarnos neste día!



venres, 9 de febreiro de 2024

SAÍDA ESCOLAR: ORQUESTA SINFÓNICA

 Wow! Estabamos moi ilusionados por facer unha saída escolar, unha actividade complementaria fóra do cole na que tiñamos de que ir en autobús. Nin máis nin menos que ó Teatro Principal para disfrutar da Orquesta Sinfónica de Pontevedra.

Antes de nada, merendamos froita para non ter fame despois.

Cando chegou a hora, por parellas, marchamos en fila cara o autobús. Ó chegar alí, sentamos, puxemos os cintos e puxemos a cara co "modo sorriso" porque marchamos!!!




 

Chegamos alí e sentámonos nas nosas butacas.


Despois disfrutamos da posta en escea dunhas persoaxes moi simpáticas e divertidas.


Para logo deleitarnos coa música do violín, viola, piano, frauta traveseira,... que captaron a nosa atención. Ó mesmo tempo que soaban, imáxenes de animais e escenas varias proxectábanse nunha gran pantalla.



Ó rematar, recibiron un gran aplauso!!!


E chegou o momento de poñer os chuvasqueiros porque fóra chovía cántaros!


Así que, o Carnaval dos Animais coa Orquesta Sinfónica foi un éxito!!! 
Cada animal, un instrumento. Así o traballaramos na clase.







martes, 6 de febreiro de 2024

RECICLANDO MOMIAS

 Hai uns meses troxéchedes moitos cartóns de papel hixiénico co que fixemos uns xogos polo Samaín. Pero aínda quedaran algúns de sobra así que, como estamos traballando Exipto e gústanos reciclar os materiais...mercamos unhas vendas...


...pintamos os cartóns de negro, recortamos as nosas caras dunhas fotos e...

COVERTÉMOSNOS EN MOMIAS!!!




luns, 5 de febreiro de 2024

UNHA CANTEIRA DE BALARÍNS DE BAILES DE SALÓN - SINFÓNICA

O venres iremos ver a Sinfónica en Pontevedra onde disfrutaremos do "Entroido dos Animais". Para iso, estamos a traballar nunha unidade didáctica que nos mandaron para que nos vaiamos familiarizando con algúns instrumentos e os sons dos animais.

Hoxe centrámonos nos intrumentos como os seguintes:

VIOLÍN


VIOLA


VIOLONCHELO


CONTRABAJO


Despois, coloreamos os debuxos dos instrumentos que tiñamos: o violín, a viola...e chegou o momento de distinguir novos instrumentos. Polo que, escoitabamos un e tiñamos que colorealo ó mesmo tempo que o escoitabamos. Así por orde, agardando a que todos o foramos pintando. Comezamos!!

PIANO


FLAUTA TRAVESERA


CLARINETE

E, cando escoitamos o último, o clarinete, pediron que o puxera de novo. Cando rematou de soar, pediron novamente volver escoitalo. Os que remataban, pediron se podían bailar e...COMO NON!!! CLARO QUE SI!!! E, froito desa improvisación...o seguinte vídeo de abaixo!!


Creo que eiquí hai unha canteira de bailaríns e bailarinas de BAILES DE SALÓN...ahí volo deixo!!!





venres, 2 de febreiro de 2024

XOGAMOS Ó MEMORY

Xa sabedes que están súper motivados cos xogos de parellas, ou MEMORY. No noso blog, na columna esquerda, xa sabedes que temos un apartado cos xogos online e estamos centrados no MEMORY, que imos actualizando pouco a pouco con varios recursos.
Agora, actualicei cun xogo personalizado para eles e que lles vai gustar moito porque é un XOGO DE MEMORY DOS COELLOS, personalizado coas súas propias caras, para que disfruten moito tratando de adiviñar as cartas dos seus compañeiros que forman parella e, á vez, reforzan a atención, a concrentración e a memoria. Atrevédesvos a xogar con eles e que non vos gañen? Pinchade na imaxe de abaixo e accedes directamento ó recurso.


COELLOS DA AULA

INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...