venres, 9 de febreiro de 2024

SAÍDA ESCOLAR: ORQUESTA SINFÓNICA

 Wow! Estabamos moi ilusionados por facer unha saída escolar, unha actividade complementaria fóra do cole na que tiñamos de que ir en autobús. Nin máis nin menos que ó Teatro Principal para disfrutar da Orquesta Sinfónica de Pontevedra.

Antes de nada, merendamos froita para non ter fame despois.

Cando chegou a hora, por parellas, marchamos en fila cara o autobús. Ó chegar alí, sentamos, puxemos os cintos e puxemos a cara co "modo sorriso" porque marchamos!!!




 

Chegamos alí e sentámonos nas nosas butacas.


Despois disfrutamos da posta en escea dunhas persoaxes moi simpáticas e divertidas.


Para logo deleitarnos coa música do violín, viola, piano, frauta traveseira,... que captaron a nosa atención. Ó mesmo tempo que soaban, imáxenes de animais e escenas varias proxectábanse nunha gran pantalla.



Ó rematar, recibiron un gran aplauso!!!


E chegou o momento de poñer os chuvasqueiros porque fóra chovía cántaros!


Así que, o Carnaval dos Animais coa Orquesta Sinfónica foi un éxito!!! 
Cada animal, un instrumento. Así o traballaramos na clase.







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...