venres, 2 de febreiro de 2024

XOGAMOS Ó MEMORY

Xa sabedes que están súper motivados cos xogos de parellas, ou MEMORY. No noso blog, na columna esquerda, xa sabedes que temos un apartado cos xogos online e estamos centrados no MEMORY, que imos actualizando pouco a pouco con varios recursos.
Agora, actualicei cun xogo personalizado para eles e que lles vai gustar moito porque é un XOGO DE MEMORY DOS COELLOS, personalizado coas súas propias caras, para que disfruten moito tratando de adiviñar as cartas dos seus compañeiros que forman parella e, á vez, reforzan a atención, a concrentración e a memoria. Atrevédesvos a xogar con eles e que non vos gañen? Pinchade na imaxe de abaixo e accedes directamento ó recurso.


COELLOS DA AULA

martes, 30 de xaneiro de 2024

DÍA DA PAZ 2024

 Polo DÍA DA PAZ elaboramos un gran banderín relacionado co noso proxecto. Para iso, escollimos un conto dos propostos pola Rufiteca e nós eleximos "Nos tratamos bien".

Con este conto aprendimos a importancia da amistade, de portarse ben cos nosos compañeiros, de coidar deles, de compartir momentos de risas e xogos cos nosos amigos, de repectar ós demáis...

Tiñamos que escoller unha palabra e, a nosa foi:


E, con ela, elaboramos o noso banderín. O BANDERÍN DA AULA DE 3 ANOS está relacionado con Exipto, así que, pintamos por eiquí, pintamos por alá e...así quedou!


Tamén aparece un pictograma co significado da palabra para unha linguaxe inclusiva e un código QR...sabedes qué garda este código? Pois un pequeno vídeo que elaboramos na aula coa palabra AMIGOS como protagonista, Queredes velo? Escaneada o CÓDIGO QR ou pinchade no enlace de abaixo.


Pero tamén fomos visitar a Rufiño á biblioteca que adora ós contos e, por iso, queremos converternos en creadores de historias, contos orais que nacen da nosa imaxinación e, dada a data que queremos conmemorar, un pequeno contiño que inventamos titulado "ME DIVIERTO CON MIS AMIGOS":


Como estamos aprendiendo a debuxar, nada mellor que aprender a facer unha pomba neste día tan especial:










Tras o recreo, xuntámosnos todo o colexio no ximnasio para comentar o conto que traballamos na aula, o país que eleximos así coma a palabra, e finalizamos coa emisión do noso vídeo sobre OS AMIGOS.



E, para rematar o día, fixemos unha coroa para levar hoxe a PAZ por todos os sitios nos que vaiamos!!!



SEMANA DA FROITA COMEZOU!!!

 Onte, cando chegamos ó colexio, estaban traendo froita para as MERENDAS SAUDABLES!!!

Temos gañas de que chegue a hora de merendar...bueno, uns máis que outros.
t

As mestras estiveron cortando as pezas de froita en anacos peqienos.


E despois distribuíron, en cada prato, un anaquiño de cada para que nos probemos.


Logo, todos sentadiños, agardamos a que nos serviran a froita para devorala!!!


Certo é que, uns estaban máis ilusionado que outros por comer pero, o que é certo, e que a ampla maioría repetíu e repetíu ata acabar co que quedaran nos outros pratos. O que menos éxito tivo? O KIWI pero é que é un pouquiño...especial o sabor e pica! jejej.

martes, 23 de xaneiro de 2024

O PARACAÍDAS EN PSICOMOTRICIDADE

Hai mil maneiras de viaxar ata Exipto. Unha maneira é en avión, en canoa, andado, en ferry, en globo aerostático...e se imos en pararacaídas? 

Imos co profe Víctor ó ximnasio para aprender a utilizalo e, de paso divertirnos.

Co parapente podemos xogar a movelo simplemente, a agocharnos debaixo, a xogar cunha pelota para encertala no oco, a intercambarnos de sitio... pero o mellor de todo, É O BEN QUE O PASAMOS!!! Queredes velo? Un vídeo resumo de 5 minutiños de como se divirten utilizando o paracaídas.







sábado, 20 de xaneiro de 2024

 Polo Nadal trouxéronnos 8 caixas de puzzles. Como en cada caixa veñen dous, imos facer puzzles por parellas.

O PRIMEIRO que temos que hacer é dividir a pezas. Cada puzzle ten por detrás unha marca diferencia, cada unha corresponde a un dos puzzles, Polo que imos separalas. Hai que estar moi atentos.








 SEGUNDO, repartímonos entre as parellas os puzzles e MANS Á OBRA!!!









Puxemos música de “café” para crear un ambente relaxado e que axude a relaxarnos e , pouco a pouco, van adquirindo máis destreza na realización de puzzle!!! Estos son de 20 pezas!






INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...