martes, 30 de xaneiro de 2024

DÍA DA PAZ 2024

 Polo DÍA DA PAZ elaboramos un gran banderín relacionado co noso proxecto. Para iso, escollimos un conto dos propostos pola Rufiteca e nós eleximos "Nos tratamos bien".

Con este conto aprendimos a importancia da amistade, de portarse ben cos nosos compañeiros, de coidar deles, de compartir momentos de risas e xogos cos nosos amigos, de repectar ós demáis...

Tiñamos que escoller unha palabra e, a nosa foi:


E, con ela, elaboramos o noso banderín. O BANDERÍN DA AULA DE 3 ANOS está relacionado con Exipto, así que, pintamos por eiquí, pintamos por alá e...así quedou!


Tamén aparece un pictograma co significado da palabra para unha linguaxe inclusiva e un código QR...sabedes qué garda este código? Pois un pequeno vídeo que elaboramos na aula coa palabra AMIGOS como protagonista, Queredes velo? Escaneada o CÓDIGO QR ou pinchade no enlace de abaixo.


Pero tamén fomos visitar a Rufiño á biblioteca que adora ós contos e, por iso, queremos converternos en creadores de historias, contos orais que nacen da nosa imaxinación e, dada a data que queremos conmemorar, un pequeno contiño que inventamos titulado "ME DIVIERTO CON MIS AMIGOS":


Como estamos aprendiendo a debuxar, nada mellor que aprender a facer unha pomba neste día tan especial:










Tras o recreo, xuntámosnos todo o colexio no ximnasio para comentar o conto que traballamos na aula, o país que eleximos así coma a palabra, e finalizamos coa emisión do noso vídeo sobre OS AMIGOS.



E, para rematar o día, fixemos unha coroa para levar hoxe a PAZ por todos os sitios nos que vaiamos!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...