martes, 30 de xaneiro de 2024

SEMANA DA FROITA COMEZOU!!!

 Onte, cando chegamos ó colexio, estaban traendo froita para as MERENDAS SAUDABLES!!!

Temos gañas de que chegue a hora de merendar...bueno, uns máis que outros.
t

As mestras estiveron cortando as pezas de froita en anacos peqienos.


E despois distribuíron, en cada prato, un anaquiño de cada para que nos probemos.


Logo, todos sentadiños, agardamos a que nos serviran a froita para devorala!!!


Certo é que, uns estaban máis ilusionado que outros por comer pero, o que é certo, e que a ampla maioría repetíu e repetíu ata acabar co que quedaran nos outros pratos. O que menos éxito tivo? O KIWI pero é que é un pouquiño...especial o sabor e pica! jejej.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...