luns, 11 de decembro de 2023

DESEÑAMOS OS NOSOS COLGANTES PARA A ÁRBORE DE NADAL

 Chegou o momento do Nadal e, os de infantil, somos os encargados de decorar a árbore de Nadal. Por iso, este ano, decidimos elaborar os nosos Papá Noel dun xeito diferente. 

Como é barbudo, nada mellor que reproducilo nunha brocha de pintor pero debemos customizarlo. Así que, témpera vermella e os nosos pinceis listos para comenzar a manualidade:









A medida que iamos rematando, puxémolos a secar na clase. Despois botámoslle un pouco de cola para fixar a pintura e a PURPURINA que se aporta ese BRILLI-BRILLI tan do Nadal!!


E cando rematamos de colocarlle os complementos (nariz, o miraguano do gorro, os adornos de goma eva no "gorro", os ollos...), deixamos que secara unha vez máis e, despois, recollimos todo nas bandexa.



E xa está todo listo para decorar a árbore. Así que cada un recolleu o seu colgante de Papá Noel e marchamos ó corredor para colocarlo na árbore de Nadal do cole!













CONTACONTOS DE COMPAÑEIRAS DO COLE: MARIÑA E SOFÍA

Hoxe viñeron Sofía e Mariña, de 1º de primaria, a contarnos un conto precioso "¿DÓNDE ESTÁS CERDITO?"


Todos estaban abraiados porque foi unha sorpresa poder contar con estas grandes contacontos que o fan de marabilla. 


Con boa entoación,voz alta, dramatización da historia... captaron a atención de todos. 


Como nos gustan os contos e máis cando son doutros compañeiros do centro!! 
Agardamos máis historias destas rapazas!!!





martes, 5 de decembro de 2023

FAMILIA CONTACONTOS "A VACA QUE PUXO UN OVO"

Hoxe a primeira hora nin puxemos os mandilóns nin as zapatillas porque alguén estaba agardando por nós e polos demáis compañeiros de infantil na RUFITECA!!!

Subimos, coma sempre, en silencio porque os maiores estaban traballando e sentamos na alfombra da biblioteca.


O pai e a irmá maior de nosa compañeira Maira (5ºEI) viñeron contar un conto!!!


O conto escollido é "A VACA QUE PUXO UN OVO". Como nos gusta este contiño!!!


Quedaron en que volverían con outra sesión de contacontos á volta do Nadal!
MOITÍSIMAS GRACIAS POR VIR.



luns, 4 de decembro de 2023

DÍA DA DISCAPACIDADE

O 3 de decembro celébrase o DÍA DA DISCAPACIDADE, por iso no colexio, levamos a cabo unha serie de actividades para conmemorar ese día tan especial e tan importante para moitos compañeiros e compañeiras que temos no centro.



Para iso, elaboramos un deseño co cal creamos as nosas propias chapas. Cunha máquina que temos no colexio, xa que formamos parte dos POLOS CREATIVOS, puxémonos mans á obra: cortar o deseño coa forma redonda e, despois, pasamos á fase de plastificado e montaxe da chapa.















E así de bonitiña nos quedou!!!



Neste cole encaixamos todos e todas!!! Formamos unha única familia, un gran equipo!


Todos somos pezas dun gran puzzle que formamos o alumnado do colexio. Por iso decoramos as nosas propias pezas coas cores alegres que tanto nos gustan, transmitir ledicia e sorrisos. Cada peza enchémola de valores e de palabras tan importantes para a diversidade de alumnado que temos…


…e estas pezas encaixan unhas noutras no gran mural do corredor. 
Todas son importantes, todas deben encaixar.


E así de orgullosos estamos formando parte deste puzzle elaborado de xeito colaborativo cos nosos compañeiros de centro. Cada peza é importante para crear un todo.





INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...