O 3 de decembro celébrase o DÍA DA DISCAPACIDADE, por iso no colexio, levamos a cabo unha serie de actividades para conmemorar ese día tan especial e tan importante para moitos compañeiros e compañeiras que temos no centro.
Para iso, elaboramos un deseño co cal creamos as nosas propias chapas. Cunha máquina que temos no colexio, xa que formamos parte dos POLOS CREATIVOS, puxémonos mans á obra: cortar o deseño coa forma redonda e, despois, pasamos á fase de plastificado e montaxe da chapa.
E así de bonitiña nos quedou!!!
Neste cole encaixamos todos e todas!!! Formamos unha única familia, un gran equipo!
Todos somos pezas dun gran puzzle que formamos o alumnado do colexio. Por iso decoramos as nosas propias pezas coas cores alegres que tanto nos gustan, transmitir ledicia e sorrisos. Cada peza enchémola de valores e de palabras tan importantes para a diversidade de alumnado que temos…
…e estas pezas encaixan unhas noutras no gran mural do corredor.
Todas son importantes, todas deben encaixar.
E así de orgullosos estamos formando parte deste puzzle elaborado de xeito colaborativo cos nosos compañeiros de centro. Cada peza é importante para crear un todo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.