martes, 24 de outubro de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Hoxe é o DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e decoramos o mural do corredor coas portadas dos nosos contos favoritos:



Tamén veu a nai de Hugo contarnos 2 contos chulísimos de medo.



Todos estabamos en silencio e ilusionados por descubrir as historias que nos ía contar.



Nun dos constos tiñamos que descubrir que monstro se agochaba tras as portas e as fiestras...



Somos moi valentes porque ningún de nós se asustou.



Dous contos súper chulos e moi divertidos que queremos ter nas nosas bibliotecas para Samaín:

" NO MIRES DENTRO!" e  "EL LOBO Y LAS SIETE CABRITAS"


Hugo emocionouse moito por ter a súa nai convertida en contacontos na aula e...
como non vai estalo co ben que o fixo mami!!!!


Despois do recreo, e antes das sesións de psicomotricidade,  disfrutamos dos
  APADRIÑAMENTOS LECTORES. 




Os compañeiros de primaria viñeron buscarnos para ser os nosos contacontos particulares cos libros que escolleron na Rufiteca para contarnos.  











Tiñamos pensado facelo polo patio escolar pero, dado que chovía moito e estar no chan non era factible, trasladamos a sesión de CONTACONTOS ESPECIAIS ós dous corredores do centro.

AGARDANDO REPETIR!!!!!!



venres, 20 de outubro de 2023

LANDRAS TOLAS EN OUTONO

Estamos en outono e todo está cheo de froitos propios da estación como cabazas, landras, castañas... e destacan as cores:

AMARELO
LARANXA
VERMELLO
MARRÓN


Temos unha folla cunha cabaza. Podemos coloreala pero con que?

Uns dicían que cos dedos, outros  que con ceras de cores, outros con pinceis... 
e eu lles preguntei "e coas landras, podemos pintala? 
E TODOS CONTESTARON UNÁNIMES:

NNNNOOOONNNN


Entón comento que as nosas landras volvéronse tolas. Tan tolas que ían ver o que podían chegar a facer:

Precisábamos unha caixa de cartón ou de plástico onde entre a folliña co debuxo...


...botámoslle unhas pingas de témperas das cores do outono e unhas cantas landras...


...e suxeitamos a bandexa forte porque as landran vólvenese tolas coas cores e poden caer!!!



Temos que tratar de que pinten todo pero sen que saian fóra da bandexa!








E agora quedan secando as cabazas despois de tanto meneo!!! 

Despois...faremos algo moi divertido con elas, xa veredes!!!




 

FELICIDADES LUCAS E., o coello máis simpático!!!

 HOXE É O CUMPRE DO PEQUE MÁIS SIMPATICÓN QUE TEMOS NA AULA!!! 


LUCAS ESTÉVEZ CUMPLE 3 ANIÑOS!!!


Celebrouno na clase cos outros coellos cunha bica e unhas lambonadas. E, como non, cantándolle ós compañeiros antes de soplar as velas (pinchade na imaxe de abaixo)






xoves, 19 de outubro de 2023

CONTO NA AULA: "Los cuentos de Lobo. Lobo tiene la boca muy grande"

 Hoxe acudimos á biblioteca para familiarizarnos xa co tema de préstamos de libros porque Rufiño pronto nos invitará a visitalo e poder coller de préstamo un conto ilustrado e así poder levalo a casa.

Despois do recreo, disfrutamos dunha sesión de contacontos na aula co contiño

 "LOS CUENTOS DE LOBO. Lobo tiene la boca grande"

de Philippe Jalbert

Editorial Picarona.



Unha historia coa que nos rimos moito porque, pese a que o lobo tiña a boca moi grande e tiña o estómago valeiro, non comeu nada,jajajaja. a boca era tan grande ou máis que nosa!!!







mércores, 18 de outubro de 2023

APRENDEMOS A DEBUXAR CON LAPIZ E COLOREAR COAS CERAS

 Aínda somos pequerrechiños pero temos moitas ansias por aprender. Queremos debuxar pero, ás veces, nos saen as cousas TURURÚ. Xa lles dixen que non pasa nada se sea "tururú" porque, pouquiño a pouco, os debuxos irán sendo mellores.

Pero, como temos pantalla dixital, entre todos deseñamos unha paisaxe que eu ía debuxando. Eles dicíanme e eu ensináballes como se debuxaba:

- Sol

- Nubes

- Unha casa

- Xardín con herba

- Nenos...


Comentamos que, para debuxar é mellor facelo co lapiz porque, se lle sae mal, pódese borrar e despois, cando xa rematen o debuxo, collemos as cores e DÁMOSLLE COR para que estean ben bonitos!!!

Agora mirade QUE ARTISTAS E QUE PAISAXES TAN BONITOS FIXERON ESTES COELLIÑOS tan creativos!!!!








Eiquí comeza a carreira creativa desdes peques!!!!!!!


INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...