mércores, 2 de outubro de 2024

COMEZAMOS CO PRÉSTAMO DE LIBROS NA RUFITECA!!!

Que ganiñas tiñamos en ir á Rufiteca e poder coller contos para levar a casa! Hoxe estrenabamos bolsiñas novas de cores para transportar os nosos contos!!


Este ano imos facer coma os maiores e imos escoller nós mesmos os contos que hai nas estanterías pero debemos ir por orden e non mesturar os contos, non cambialos de sitio nin descolocalos.


Cando atopaban o que lles gustaban, debía coller o seu CARNET PERSOAL DA BIBLIO.


E agora era o momento de ir á mesa para rexistrar o conto na nosa ficha. Este ano contamos coa axuda da mestra de 5 anos, María Otero, que este curso axudaranos co rexistro no ordenador mentres a titora nos axuda coa búsqueda de contos e organizarnos.


É importante manter a calma, ter paciencia e agardar o turno.


Cando xa está rexistrado, podemos gardalo xa na nosa bolsa.


Xa estamos listos para levar os contos durante unha semana e disfrutar das aventuras na casa!!!


Nas bolsas vai un PULPI de agasallo que nos acompañará á Rufiteca e coidará de que non lle pase nada ós contos. Cada un escolleu o que máis lle gustaba!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...