venres, 4 de outubro de 2024

CICLO: SESIÓN DE CINE NA RUFITECA

Hoxe comezamos cunha das moitas sesións de cine na Rufiteca co resto dos compañeiros de infantil (3 e 5 anos). 

Para ir ó cine é súper importante ter unha entrada porque, se non...é imposible! Así que preparamos as nosas pero...vai evolucionar en outras máis duradeiras e personalizadas...tempo ó tempo,jeje.



Fixemos unha filiña, collimos os nosos vasos con gusanitos e marchamos en silencio (pero moi ilusionados) á biblioteca.


Alí tivemos que entregar a entrada nada máis chegar e sentarnos ordeadamente no chan, e agardamos polos demáis compañeiros.


Cando estivemos todos, recordamos a importancia de estar no cine ben sentados, calados e vendo tranquilamente a película porque todos debemos disfrutar da peza audiovisual e non molestar ós demáis.



Nesta ocasión proxectamos 3 curtametraxes mestres comíamos!



 Pasámolo xenial, disfrutamos moito e...QUEREMOS REPETIR!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...