venres, 20 de setembro de 2024

PROXECTO "ALUCINE": SAÍDA ESCOLAR Ó FICBUEU

Emocionados non...o seguinte!!! Onte tivemos a nosa primeira saída e nada máis e nada menos que ó FICBUEU (Festival Internacional de Curtametraxes)!!!


Cando chegamos alí fixéronnos unha foto no PHOTOCALL tan chulo que tiñan. Dividíronnos en ciclos polo que, os de infantil e primaria, estabamos en turnos distintos.


Dentro do auditorio estabamos nun lugar estupendo onde a visión era marabillosa. Portámonos xenial porque nos gustaba moitísimo a experiencia.


Proxectáronnos 5 curtametraxes e , a verdade, non sabiamos cal escoller porque había unha que nos emocionaba no corazón, outra que nos fixo rir,...e outra na que descubrimos que "non había unha estrela de mar, senón que saía Patricio nela"!!jajaja.


Tras as esto, fixemos unha visita ó baño e despois a merendar a un parque preto. 



Tiñamos moitísima fame!!!


E comimos moi rápido para...


IR XOGAR!!!






Hai moitas máis fotos no ALBUM DE SETEMBRO 2024.

Hoxe rematamos esta experiencia facendo unhas actividades que nos mandaron desde FICBUEU moi divertidas e, por turnos, TOCOU VOTAR SE NOS GUSTARON OU NON as curtas!!!
(Cremos que foi un éxito brutal)
















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

UNHA MENSAXE SORPRESA DE RUFIÑO DESDE A RUFITECA

Cando chegamos do recreo, estabamos na clase relaxándonos, bebendo auga e, de súpeto, escoitamos que petaban na porta MOI FORTE. Levamos un ...