martes, 17 de setembro de 2024

NOVAS BOLSAS DE CORES PARA USAR NA BIBLIOTECA

Hoxe chegamos a clase e había un paquete marrón. Non sabiamos que era: era grande, de forma cadrada, pesaba un pouquiño...así que mellor abrilo! 

ERAN AS BOLSAS DE CORES PARA A RUFITECA!!!!!

Agora temos bolsas novas para o préstamo de contos na nosa biblioteca! Que chulas!


Como as bolsas non teñen debuxos, qué tal se as decoramos? Pois tivemos a sorpresa de que a nai da profe agasallounos con moitos chaveiros pulpos de crochet e, por turnos, escollimos os que máis nos gustaron! (con ollos de seguridade, así que non hai perigo)


Tras esto, elaboramos as nosas etiquetas, enchémolas de cor, plastificámolas para que non se estropeen e grampámolas na bolsiñas e así que saber cal é a nosa.


Estamos encantados coas nosas bolsiñas de cores e os nosos adornos!!


E, para rematar, realizamos unha manualidade na que tiñamos que encher de cor unhas flores calcando moito para que brillen, picar arredor para que se separe da folla e, por último, demostrar a nosa destreza coa tesoira e recortar os pétalos! Finalizamos poñénlles os talos con pauciños de brochetas!

CANTA COR NA AULA!!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

UNHA MENSAXE SORPRESA DE RUFIÑO DESDE A RUFITECA

Cando chegamos do recreo, estabamos na clase relaxándonos, bebendo auga e, de súpeto, escoitamos que petaban na porta MOI FORTE. Levamos un ...