venres, 3 de novembro de 2023

UPS, ESCAPÓUSEME UN MEDO!!!

Hoxe apareceu BLU na clase. Peliño longo, elástico e de cor morado.


e ten dou ollos moi saltóns!!!


E trouxo un conto moi divertido sobre os seus medos que provocaban uns efectos un pouco...cochinos,jeje.


Tras rematar o conto e falar sobre el, decidimos recrear a portada do conto entre todos. Para iso, traballamos na PANTALLA DIXITAL conxuntamente pero debemos traballar ordeadamente e respectando turnos. Pero, entre todos, debemos conseguir un traballo común precioso.





Cambiamos o fondo para que destaque máis BLU e...mirade que marabilla!!!


Pero BLU soltaba pompas de cores...máis ben peidos de cores con cada tipo de medo que tiña (medo á escuridade, medo ós berros, etc). Así que, TIÑAMOS QUE DEBUXAR POMPAS DAS CORES QUE QUIXERAMOS!!

Para iso tiñamos que seleccionar a opción de bolígrafo da aplicación, despois a cor que queriamos, o grosor e...A FACER POMPIÑAS FLOTANTES!!!






Despois de pasar todos o seu turno, a reproducción da portada do conto quedou así de estupenda!!!!


E que tal se recreamos nos mesmos a portada pero nos nosos folios? Seremos capaces?

VAIA QUE SI!!! SON UNS ARTISTAS!! MIRADE!!!















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...