martes, 31 de outubro de 2023

DÍAS DE SAMAÍN: A BRUXA CABAZA FAI MAXIA POR ONDE PASA

Cando chegamos ó colexio,  a profe estaba vestida de cabza!!! Que pasaría? Que cousa máis rara porque hoxe non era día de festa no cole!!!

Ó entrar a clase, descubrimos que había un caldeiro negro, moi negro, oscuro como a noite. 


A mestra nos dixo que era a BRUXA CABAZA, QUE FAI MAXIA POR ONDE PASA.
Así que hoxe ía facer maxia para compartir con nós.

Para iso ía precisar da colaboración de todos os peques que tiñan o mandilón de cor laranxa, a mesma cor que a cabaza. Despois ERA IMPORTANTE GARDAR SILENCIO, ESTAR BEN SENTADOS E QUIETOS porque corremos o risco de que algo estoupe.


Tamén imos utilizar AUGA recollida nas montañas onde viven os monstruos de cores.


A BRUXA CABAZA dixo 3 veces un conxuro e, do caldeiro, as 3 veces saíros tubiños de maxia da cor que eleximos: 

COMO QUERÍAMOS MAXIA DE PITUFO, dixemos un conxuro e da pota saíu un tubo que contiña maxia de cor azul.


COMO QUERÍAMOS MAXIA DE VAMPIRO, dixemos un conxuro e da pota saíu un tubo que contiña maxia de cor vermello.


COMO QUERÍAMOS MAXIA DE FRANKENSTEIN, dixemos un conxuro e da pota saíu un tubo que contiña maxia de cor verde.


Pero todos querían saber a qué sabía a poción así que, cada un elexíu o poder que quería ter e...
TODOS ENCHERON O CORPO DE MAXIA!!








 

Hoxe van cargados de MAXIA DE PITUFOS, VAMPIRO E DE FRANKY!!!


A BRUXA CABAZA tamén nos agasallou con pinturas para pintar o seu corpo na cariña de quen quixera!!! O caso é que non semella ser unha Bruxa malvada…








Aprovechamos para construir un FRANKENSTEIN como o que temos decorando a porta.


Pero cómo está feito de anacos, tamén coloreámolo por anacos en equipo. De xeito COOPERATIVO fixemos un boneco mentres un grupo estaba en PSICOMOTRICIDADE e, despois, fixemos o mesmo co outro equipo. Deben traballar conxuntamente para elaborar o mesmo personaxe de medo!!!


E asi quedaron os dous: Frankiño e Franky, jajaja. 


E, como o xoves celebramos o Samagosto, decoramos os nosos vasos nos que comeremos as castañas asadas di TREN DO CASTIÑEIRO!!!








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Polo DÍA DAS LETRAS GALEGAS preparamos a canción, xunto cos nosos compañeiros do ciclo de infantil, a canción de "POLO MAR ABAIXO VAI ...