Comezamos o curso con moita ilusión e moitísimas anécdotas do nos verán que plasmaron nestes debuxo tan incríbles:
mércores, 10 de setembro de 2025
MERGULLÁMOSNOS NA MAR!
BENVIDOS Ó CURSO NO QUE SOMOS OS MAIORES DE INFANTIL!!!
BENVIDO Ó CURSO ESCOLAR DE 5 ANOS!!! Agárdanos un curso moi emocionando e pasado por auga!!! jejej.
Para que vos organicedes e saibades, déixovos eiquí o horario escolar e, se pinchades na foto, podédelo descargar en PDF e imprimilo. Tamén o deixo no blog, no menú da parte esqueda.
As especialidades están en negriña e, como xa sabedes, infantil é todo globalizado e, aínda que temos unha estructura horaria para guiarnos, poden modificarse algunha vez por algunha actividade complementaria, algún evento, un tema imprevisto de interese... (mais a hora de biblioteca, arte/lectura, asamblea e recunchos serán prácticamente inamobibles, jeje).
mércores, 18 de xuño de 2025
OBRADOIRO DE SANDA CO PROFE ESTEBAN
EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA DE APÍPOLIS
O venres, 13 de xuño, o ciclo de infantil disfrutou da excursión de fin de curso á Granxa Escola Apípolis.
Ó chegar alí, fixemos os grupos mixtos, nos que nos mesturamos nenos e nenas dos 3 cursos. Cada grupo pasou polos diferentes obradoiros:
- Visita á exposición
- Obradoiro de cociña coa realización de galletas de mel.
- Taller de fabricación de velas de cera.
- Visita ás colmenas cos traxes de apicultores mini.
Despois tivemos momentos da merenda, da comida e de xogo. Que ben o pasamos!!!
Para ver TODAS as fotos, PINCHADE NESTE ENLACE do álbum.
mércores, 11 de xuño de 2025
FIXEMOS PLASTILINA E DISFRUTAMOS "GUARREANDO"
Chegamos a clase e apareceron un montón de cousas na alfombra: pratos, fariña, sal coloreante, cola... para que sería?
Mais, cando tocou rematar, puxemos un pouco de orde: gardamos a masa nas bolsas, pechámola ben, limpamos a mesa, o chan e...AS NOSAS MANS CON MOITO XABÓN!!!
Eiquí un pequeniño vídeo resumo do "mal" que o pasaron.
INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO
Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...
-
Hoxe por fin saímos ver á Filarmónica de Galicia. MÚSICA! MÚSICA! Canto nos gusta a música! Estabamos emocionados por ir tamén en autobús. ...
-
Un dos contos por excelencia do Samaín é o de "Corre, corre, cabaciña" da Ed. Oqo. Despois de lerlles o conto e de dramatizalo coa...
-
Hoxe luns, comezamos o curso escolar e nos estamos no periodo de adaptación. Mestura de nervios e ilusión. Moitas gañas de comezar!!! Os peq...











.jpg)