mércores, 11 de xuño de 2025

FIXEMOS PLASTILINA E DISFRUTAMOS "GUARREANDO"

Chegamos a clase e apareceron un montón de cousas na alfombra: pratos, fariña, sal coloreante, cola... para que sería?


POIS PARA FACER PLASTILINA!!!! HOXE TOCA "GUARREAR"!!


Esta plastilina precisa estar ben gardada porque corre o risco de secarse porque é caseira, e non ten produtos que a manteñan húmidas. Por iso, imos precisar unhas bolsas plásticas con peche ZIP e , para non confundilas, puxémoslle o noso nome.


Despois comezamos a mesturar os ingredientes: fariña con sal...ESTO COMEZA A MOLAR MOITO!!!


E xa despois o colorante!!! Algúns quixeron 1 soa cor e outros mesturar varias!








Cando rematamos, xa tiñamos unha masa lista para xogar con ela e facer gusanos, bolas, ...




As nosas mans estaban horrorosas pero estabamos disfrutando moito con TOOOODOOO!!! 









Mais, cando tocou rematar, puxemos un pouco de orde: gardamos a masa nas bolsas, pechámola ben, limpamos a mesa, o chan e...AS NOSAS MANS CON MOITO XABÓN!!!

Eiquí un pequeniño vídeo resumo do "mal" que o pasaron.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...