mércores, 4 de xuño de 2025

PREPARAMOS AS CARPETIÑAS DOS TRABALLOS

Está rematando o curso e temos que preparar as carpetiñas para meter os traballos. Así que pensamos que poderiamos facer e, cando chegamos a un acordo conxunto, preparamos un pouco de témpera e comezamos a encher a carpetiña de puntiños feitos cos dedos.









Cando secou ben, tras a asamblea, acordamos como poderiamos rematar de facer os debuxos. Tras falalo, fixémolo na pantalla dixital para ver como quedaría nas nosas carpetas e aprender a facelo. Logo collimos os rotuladores negros e puxémonos mans á obra.





Moi concetrados e con moito coidado, creamos abelliñas xa que estamos disfrutando dun proxecto no que traballamos a temática antes de ir á excursión de fin de curso.






As carpetiñas quedaron delicadamente preciosas!!! Pero algo máis temos que facer...a ver que se nos ocorre...



mércores, 28 de maio de 2025

IMOS DE PICNIC!

 Como chega o bo tempo e non fai un calorazo insoportable, decidimos ir merednar o noso patio. Ó chegar a hora, collimos as nosas mochilas e as viseiras e...PUXEMOS RUMBO A FACER UN PICNIC!












Tamén se apuntaron os compañeiros de 3 e 5 anos. Pero hoxe, tamén facía bo e esto do picnic gusta así que...HOXE REPETIMOS!!!...e cremos que se vai repetir moitas veces máis ata final de curso (e sempre que non queme o sol).





PREPARAMOS TODO PARA O CORRELINGUA

 Este ano imos acudir ó Correlingua!! (máis info: https://correlingua.gal/).


Creo que nos vai a acompañar o bo tempo e, a parte de ter que preparar as mochilas, as botellas de auga, a merenda...tamén preparamos os nosos dorsais para pegar nas camisetas.

Nos dorsais puxemos unha palabra en galego, a que nós prefiramos e máis nos guste. Despois ilustramos esa palabra e enchémola de cor e MIRADE QUE PRECIOSOS DORSAIS CREAMOS!!!









Así que agora estamos desexando que chegue mañá para poñernos rumbo a un día moi divertido e especial, onde compartiremos con máis colexios este de día de CORRELINGUA!!! 



INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...