mércores, 4 de xuño de 2025

PREPARAMOS AS CARPETIÑAS DOS TRABALLOS

Está rematando o curso e temos que preparar as carpetiñas para meter os traballos. Así que pensamos que poderiamos facer e, cando chegamos a un acordo conxunto, preparamos un pouco de témpera e comezamos a encher a carpetiña de puntiños feitos cos dedos.









Cando secou ben, tras a asamblea, acordamos como poderiamos rematar de facer os debuxos. Tras falalo, fixémolo na pantalla dixital para ver como quedaría nas nosas carpetas e aprender a facelo. Logo collimos os rotuladores negros e puxémonos mans á obra.





Moi concetrados e con moito coidado, creamos abelliñas xa que estamos disfrutando dun proxecto no que traballamos a temática antes de ir á excursión de fin de curso.






As carpetiñas quedaron delicadamente preciosas!!! Pero algo máis temos que facer...a ver que se nos ocorre...



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...