luns, 14 de outubro de 2024

SAÍDA A CASA DE PEPE E PILI (CASTAÑAS)

 Despois de moitos días de chuvia, POR FIN PUIDEMOS ir á Casa de Pepe e Pili!!! 

Que gabiñas tiñavamos!


Alí teñen varios castiñeiros e, con axuda de pauciños e dos noso pés, abriamos os ourizos para quitarlle as castañas que aínda estaban dentro. Pero con moito coidado de non mancar a ningún compañeiro sen querer cos paus...e moito coidado con tocar coas mans os ourixos que pinchan!


Apañamos moitas castañas. Enchemos unhas caixas delas que iamos levar ó colexio,


Despois leváronnos ó outro lado da finca onde están as colmeas e as abellas PERO desde lonxe o observábamos todo xa que non tiñamos traxe de apicultor para todos...nin do noso tamaño!


E chegou o momento de retomar forzar e hidratarnos. Así que sentamos a beber.


E Pili, coma sempre, que é un verdadeiro amor, preparounos a súa mesa de degustación de marmelos  feitos por ela e de mel das súas abellas...e algo máis que prepara coma galletas, bizcoitos,... se é que nos teñen mal acostumados!!!


Algúns probamos a mel e enchemos a barriga co rica que estaba!!!


O marmelo tamén tivo éxito aínda que non todos quixeron repetir!


Tedes estas e máis fotos no album de OUTUBRO 2024 ou pinchando neste enlace.









venres, 11 de outubro de 2024

RUFITECA: CONTACONTOS DE CICLO "MONCHO E A MANCHA"

Este venres, na Rufiteca, os de 4 e 5 anos disfrutamos dunha sesión de contacontos coa profe María Otero.

E, na súa bolsa verde, tiña ni mais nin menos que un SÚPER CONTO QUE NOS MOLA MOITO!!!


Moitos nos rimos con esta historia porque, a profe María contouno xenial!!! Tan ben que a nosa profe ríase moito e estaba case ou máis atenta que nós, jajaja.

Ó rematar, agasallounos cunha folla cunha mancha para que nós debuxemos o que nos suxire esa mancha pero...REMATAMOS FACENDO TODOS UNHA VACA GORDOTA!!!

Mirade que artistas!!!



















PROXECTO ALU-CINE: CHARLES CHAPLIN E O CINE MUDO

Entre o venres anterior e hoxe estivemos falando do cine mudo onde non se falaba. As imaxes eran en branco e negro (e gris, como comentaban eles e elas) e estaban acompañadas de música.


Aproveitamos para proxectar a película de "O NENO" / "THE KID" / "EL NIÑO" protagonizada por Charles Chaplin, un actor MOI IMPORTANTE E FAMOSO do cine mudo.

E se nos convertemos en Chaplin nós tamén?

Os encargados repartiron a cara a súa foto en branco/negro (e gris,jeje).





Que máis precisamos? Pois o bombín, o sombreiro mítico desta personaxe! 

Así que, con axuda dos pegamentos, cada un vai poñerse o seu sombreiro.


E tamén levaba un bigote moi espeso e estreito debaixo do nariz!!! 
Así que, con rotulador debuxámosnos o "mostachoo"


E colocamos as nosas fotos na cortiza enriba dos nosos percheiros. Agora falta por escribir o nome de Chaplin e poñelo pero...o próximo día!!


 
Quedaron chulos, verdade?

Eiquí vos deixo o enlace da peli por se a queren volver a ver porque, nalgunhas escenas, rínronse moito!!


 
Tamén podedes acceder pinchando NESTE ENLACE




martes, 8 de outubro de 2024

RECOÑECEMOS DE XEITO LÚDICO AS PRIMEIRAS SÍLABAS: PA, PE, PI, PO, PU

 Os de 5º Ed. Infantil comenzamos xa máis "en serio" coa lectura.

 Agora estamos inciándonos coas sílabas que se forman coa P e estamos aprendendo a entender como vai isto que, semella sinxelo pero... non é tanto!!! Aínda que a profe fixo unha cartilla que nos vai a axudar a avanzar. 

Comezamos coas maiúsculas que as dominamos mellor. Imos ós poucos, sen agobios!

Pouco a pouco imos lendo, primeiro as pompas coas sílabas e, despois, tratamos de ler as palabras coa axuda da mestra. Unhas veces de maneira conxunta na pantalla dixital e, outras, individualmente na mesiña coa mestra.

Pero tamén reforzamos o recoñecemento das sílabas con outro recurso dixital que é o Kahoot. Ese xogo o facemos xuntos porque estamos comezando. 

Primeiro teñen que ver a imaxe, dicir o nome en alto e despois dicir a sílaba pola cal comeza a palabra para logo elexir a resposta correcta: a opción vermella ou azul.

 PERO TRANQUILOS! Se non es capaz, os compañeiros axudan...e moito!!!




Emocionámosnos  moito cando acertamos!!!



É un xogo educativo no que podemos xogar de maneira individual ou de maneira colectiva, como fixemos hoxe, e  participamos da actividade e do xogo co nome de "COELLOS"!!!


Acadamos ser os primeiros!! Soamente tivemos un erro pero creo que imos dominando o tema!

Así o faremos con todas as consoantes e con todas as sílabas que forman, 
 a modo de REFORZO do traballado na aula

Se queredes reforzar e seguir practicando na casa AS SÍLABAS COA "P" con este xogo educativo,
 PINCHADE NA IMAXE DE ABAIXO (para mobil, tablet e ordenador)




RECORTAMOS COAS TESOIRAS UN POUCO

Hoxe tocou un pouquiño de traballo coas tesoiras. Xa estamos dominando o asunto en cuestión. Así que un pouquichiño é fantástico.





Tiñamos que recortar o camiño ata chegar os coches e non esquecernos de poñer o "dedo gordo" enriba!





Ás veces custa pero, botar a lingua fóra...AXUDA!!! jeje

A verdade é que nos gusta moitísimo recortar! Temos que practicar moito para chegar a recortar "cousas imposibles" E ASÍ FACER AS MANUALIDADES NÓS SÓS.



Traballo feito!!! Ata o próximo recorte!



INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...